Ir al contenido principal

SI QUE TE GUSTA LEER


A Secretaría de Estado de Cultura (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte), está a difundir na Rede unha campaña de lectura destinada a mozos e mozas de 14 a 18 anos, baixo o lema SÍ QUE TE GUSTA LEER (pero igual no lo sabes). Cunha presentación atractiva, a páxina da campaña ofrece xogos, enlaces interesantes e un concurso para os participantes. Parte da idea de que os que afirman que non lles gusta ler, aínda así están a ler todo o día nos seus "artefactos" favoritos e nas actividades cotiás. Son lectores aínda que non lean libros. E desde aí, trata de levalos á outro tipo de lecturas. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤