Ir al contenido principal

LOBOFEROZ NA EEI "AS DUNAS"

O alumnado de 5º de EP despois do éxito cosechado o día 24 de outubro na celebración do día Internacional  das Bibliotecas escolares, decidirón facer un pequeno agasallo na festividade do SAMAÍN, aos pequenos da Escola de Educación Infantil de Dunas, así comezaron a facer os preparativos e o día 30 de outubro fomos a Escola. Os nenos e nenas de Dunas estaban celebrando o Samaín coas súas mestras,  obradoiro de cociña de outono, disfraces, concurso de cabazas e mil cousas mais......Así chegamos nós preto do recreo, vestimónos e comezamos a actuación. Os nenos/as estaban encantados con tantos animaliños na escola, lobo, ovellas, coellos, cans.....etc tanto lles gustou que tiveron que facer un BIS e aquí xa podemos dicir que os nosos actores triunfaron cos mais pequenos.
Agora queremos deixarvos un agasallo mais o conto que representaron e a canción  do conto, seguro que lles vai a encantar.


Loboferoz from exploradores4a

 A CANCIÓN

 


NESTA PEQUENA PRESENTACIÓN PODEDES VER A REPRESENTACIÓN NA EEI "AS DUNAS", E AS CARAS DE ENTUSIAMO DOS PEQUERRECHOS
LOBOFEROZ NA ESCOLA DE EI "AS DUNAS" on PhotoPeach

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤