Ir al contenido principal

CELEBRACIÓN DE OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO

Durante este mes no colexio e na Biblioteca non se fala doutra cousa mais que de bruxas, vampiros, morcegos, momias e demais seres mounstruosos. E que no colexio xa se respira o ambiente típico do Samaín. Andamos decorando a entrada e as clases para irnos metendo en ambiente, pero faltan as cabazas!. E un Samaín sen cabazas, non é un Samaín!. Así que, ide buscando unha cabaza e mans á obra. Xa sabedes que podedes utilizar todo o que precisedes: perrucas, teas vellas, dentaduras postizas, elementos da natureza así como toda clase de materiais reciclables. o alumnado DE pRIMARIA deberá ESCRIBIR os seus medos para queimalos e para espantar meigas e malos espíritos ou para facer maxia. 
 O ALUMNADO DE SECUNDARIA CONCURSO DE CONXUROS

Xa sabedes, empezade a buscar unha boa cabaza e poñede as cabeciñas a pensar para elaborar un arrepiante conxuro.

RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS: Preme nas diferentes imaxes e accede aos recursos
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤