Ir al contenido principal

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA: PRESENTACIÓN DO PROXECTO "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE"

O día da inauguración da biblioteca, tivemos unha gran sorpresa, un extrano personaxe apareceu na biblioteca, ao principio asustounos xa que estaba moi pálido e vestía como os piratas fai 400 anos, dixo que era "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" e que tivo que levantarse da súa tumba para vixiar os mares.
Veu falar cos rapaces para explicarlles o moito que cambio o mar e a paisaxe dende que el abandonara estos lares. Pediulle aos nenos que coidasen o mar e trasladasen as súas boas prácticas a todo o seu entorno, tiveron que realizar  un xuramento E COMPROMETERONSE A CAMBIAR OS MALOS HÁBITOS.
 
¡AGORA EMPEZA UN GRAN TRABALLO PARA AXUDAR A SALVAR OS MARES E COSTAS¡¡¡


INAUGURAMOS A BIBLIOTECA "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" on PhotoPeach

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤