Ir al contenido principal

400

Xa é hora de que empecemos a traballar para conmemorar os 400 anos da morte de Cervantes e do seu coetáneo inglés, Shakespeare. Unha celebración que merece un esforzo especial pola vosa banda. Xa que son dúas das figuras mais importantes da literaturas e por iso o festexo tamén o debe ser. Ata o día 19 de abril deberedes estrujar a vosa seseira, sen que se vos seque como a de Don Quixote, e entregar a mestra de lingua castela na
ESO e aos titores en primaria un traballo que verse ou que vos inspire algún destes dous escritores universais. 
Poñede a traballar á imaxinación, escollede o tema , seleccionar o tipo de traballo tendo en contas os vosos gustos e destrezas. Podedes versionar cancións, esculpir, pintar, modelar, compoñer, tecer...todo está permitido. Estrutura, organiza o teu traballo, investiga se a información dada en clase non che resulta suficiente e divírtete creando a túa particular homenaxe a Cervantes ou a Shakespeare. 
Podedes entregar os traballos antes da data indicada, no momento que xa o teñades terminado expoñeranse polos diferentes recunchos do colexio.
Estou segura de que os vosos traballos non nos deixarán indiferentes e que o propio Cervantes levantaría a cabeza para botarlle unha ollada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤