Ir al contenido principal

IMOS LER A CERVANTES

A Don Quixote secóuselle a sesera de tanto ler libros de cabalería. Nós imos experimentar con iso e ,agora, nós seremos os protagonistas dunha aventura similar. 
Xa todos coñecemos o argumento desta obra maxistral de Cervantes, pero poucos vos achegastes o suficiente ás súas páxinas. Para solucionar este problemiña e para render unha merecida homenaxe ao autor, imos ler os primeiros capítulos deste libro. Farémolo por cursos e por orde de lista, de tal maneira que, tras a gravación do noso particular vídeo de lectura, don Quixote deixará de ser un descoñecido e pasará a formar parte dos nosos personaxes de ficción preferidos. 
Moito ten que ver convosco (a súa tolemia, as súas ganas de aventuras, a súa ousadía...) pero tamén descubriredes a súa bondade e valentía á hora de enfrontarse ás dificultades. É hora de que aprendades da cordura de Sancho, que vos divertades coa inxenuidade de Don Quixote e seades capaces de fuxir mezquindade dalgún dos personaxes cos que se topan no seu periplo por terras castelás.
O primeiro capítulo será lido por 1º ESO, o segundo por 2º A, o terceiro por 2ºB, o cuarto por 3º ESO, o quinto por 4º A , o sexto por 4ºB e o sétimo por todos aqueles que atopemos polo noso centro e apúntense á nosa aventura.

Déixovos cabaleiros e escudeiros co texto para que vaiades repartindo a vosa participación lectora.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤