Ir al contenido principal

FOTONOVELAS

As fotonovelas ou fotografías son narracións contadas a través de fotografías ás que se lle poden engadir breves textos. Seguro que non escoitaches falar delas antes, pero seguro que os vosos pais e avós si.
Este ano pensamos que sería unha boa forma de que crear historias. Debedes para iso ter en conta os seguintes puntos:
- Inventar unha historia na que a orixinalidade do argumento xa sexa un éxito.
- Estruturar moi ben as partes da vosa narración, tentando que a formulación, o nó e o desenlace póidanse axustar a 10 fotografías aproximadamente.
- Facer as fotos, adecuándoas ao que queirades contar en cada unha delas.
- Engadir un breve texto a cada unha delas que sirva como fío condutor da vosa historia.
Tedes liberdade total para que esta mostra de creatividade logre levarnos por unha narración ordenada e completa.
Déixovos coa primeira realizada polos alumnos de 1º ESO B , para celebrar o día de San Valentín.

NICO E PAULA

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤