Ir al contenido principal

PIONEIRAS: GALEGAS QUE ABRIRON CAMIÑO

Supuxo unha especial ledicia recibir este libro: Pioneiras. Galegas que abriron camiño que vén de publicar a editorial Xerais con textos de Anaír Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz. Un álbum para descubrir 12 mulleres que os libros de Historia agochan, unha vez máis, como adoita ocorrer porque esa historia está escrita polos homes. E aínda que o meu pensamento sexa "ogallá que en lugar de 12 falase de moitas máis!!!", temo que aínda así estas doce mulleres constitúan unha descuberta para moita xente. Así que benvida a publicación deste libro na nosa lingua e con protagonistas da nosa terra. 
Falamos, pois, de doce biografías de mulleres pertencentes a diversas áreas profesionais como son o xornalismo, a medicina, a literatura, o fútbol, a música ou os avances científicos. Todas elas, claro está, desenvolven ese traballo nunha contorna opresora, hostil, contraria ao seu desenvolvemento profesional. De aí que se convirtan en modelos de esforzo e de valentía, porque ser pioneira non é cousa doada, porque resistir a incomprensión da sociedade non é tarefa ao alcance de calquera.
Precisamos de moitos libros coma este, sigo dicindo. Case todos os libros que se publican arredor das grandes figuras femininas están en castelán. Que cunda, por favor.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤