Ir al contenido principal

POETÍZATE; CONCURSO DE RECITADO POÉTICO


Co obxectivo de potenciar a expresión oral e a creatividade asi como o coñecemento da obra dos diferentes poetas galegos/as, durante todo o mes de marzo recitaremos poemas de diferentes autores nas clases e  remataremos cun concurso de recitado dos seus poemas.
Destinatarios:
Podedes participar todos os alumnos e alumnas e haberá un premio por curso.
Haberá  dúas fases: unha primeira nas clases por nivel da que sairán os/as finalistas para a segunda que se  realizara a nivel do centro. A data para a 1ª fase será o 15 de marzo e a fase final o día 21 de marzo, Día da Poesía.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤