Ir al contenido principal

RETO SEMANA DA PRENSA


Este ano , para celebrar a Semana da Prensa ides ter que enfrontarvos a un reto no que mostraredes as vosas habilidades para convencer a través dunha carta de solicitude. 
En que consiste o reto? Teredes que conseguir un xornal de calquera país do mundo, canto máis afastado, exótico, descoñecido sexa, o voso logro será maior. 
Como logralo? Poderedes escribir unha carta pedíndoo a quen creas que é a persoa , institución, centro, industria...máis idónea para que , lendo a vosa solicitude, envíen un exemplar. Podedes pedirllo a un centro educativo, ao Instituto Cervantes dese país, a un xornal...Usade vosa imaxinación, enxeño; buscade as direccións de correo electrónico, redactade vosa carta na lingua que sexa conveniente (podedes pedir axuda a profesores, familiares, amigos), sede convincentes e seguro que algún exemplar chega.
 É necesario que o xornal se envíe ao voso nome, pero á dirección do colexio, para que o reto considérese conseguido. Toda a comunidade educativa está convidada a participar, algúns profesores xa contribuíron coa prensa que conseguiron nalgúns das súas viaxes. Ao final , faremos unha exposición con todos os xornais que conseguísemos e sinalaremos nun mapa os países de procedencia. Ánimo, este reto é moi sinxelo para vós, verdade?

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤