Ir al contenido principal

LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A ANTÓN FRAGUAS

O traballo etnográfico do liño, dentro do proxecto Cultura que conta, poido facerse gracias ao Departamento de Ciencias, de Lingua Castelá e de Normalización lingüistica que  que uníronse nun proxecto común coa biblioteca coa obxectivo de:
- Homenaxear a Antón Fraguas, un dos grandes conservadores da cultura e tradición galega, e cofundador do Museo do Pobo galego.
- Fomentar a cultura do traballo e do esforzo
- Fomentar o respecto á natureza e a biodiversidade.
-Fomentar o traballo colaborativo e as relacións entre o alumnado.
A actividade consta das seguintes fases:
  • Mostra fotográfica amosando o proceso de elaboración do fío e a tea de liño dende a sementeira.
  • Mostra de liño real obtido nos distintos procesos dende a pranta seca e a liñaza ata chegar ao fío e a tea.
  • Exposición de traxes rexionais, roupas, ...máis complementos.
  • Presentación da mostra en formato dixital.
  • Xogo de conectores coa seguinte temática:
    • "Elaboración do fío do liño I e II"
    • Aparellos necesarios para obter a tea de liño I e II"
  • Teares 
  •  Deseño Gráfico:Elaboración da flor de liño
Para facer isto posible, o alumnado de cuarto da ESO participou na montaxe da mostra  e os de terceiro na materia de tecnoloxía na construcción dos conectores.
Co obxectivo de fomentar as relacións entre o alumnado de primaria e secundaria, algúns alumnos/as de 2º, 3º e 4º de ESO explicaron a mostra de maneira sinxela e amena aos máis pequenos.
Damos as grazas a toda a comunidade educativa que fixo posible esta mostra e agradecemos a colaboración do Museo do liño do Castelo de Vimianzo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤