Ir al contenido principal

VEXO E CREO

Iniciamos unha nova actividade de creación: Vexo e creo. Para a realización dos traballos deberedes visionar un vídeo que daremos de refencia e logo crearedes un texto, con total liberdade e que siga o título que vos digamos. Os traballos deberán gardar, como sempre, as normas de presentación e deberán ter un mínimo de 15 liñas. Serán entregados na clase de Lingua castelá ou poderedes compartilos por Drive. Hoxe empezamos cun vídeo de Lizzie Velasquez. Nel preséntasenos unha maneira moi diferente de coñecer a unha persoa. Despois de ver o vídeo, deixade que a vosa imaxinación fale por vós e dádelle a oportunidade de crear un texto no que narredes, fagádesvos preguntes, xustifiquedes, razoedes... Só deberá cumprir un requisito: deberá titularse "Que me define?". Neste traballo puntuarase a corrección, a adecuación e ortografía do voso texto e, sobre todo, a creatividade. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤