Ir al contenido principal

ARRANCAMOS

O día 7 de outubro inauguramos o curso 2019-2020 dende a biblioteca cunha peza de teatro da compañía Teatro do ar. A peza "Sucedáneo" cóntanos como a xoven Carmen desaparece o día do seu 17 cumpleanos, como saiu pola tarde e xa non volveu, ninguén a viu saír nin ninguén sabe onde está. Susana,   a súa nai, chama a policía pero non a tomarán en serio...Todos participaremos na búsqueda.
O director da obra é Pedro rodríguez, un director e autor teatral o que estamos moi unidos porque estudou neste centro, igual que algúns dos actores do reparto.
Unha marabillosa forma de empezar o curso !
Vémonos o día 7 ás 10, no salón de actos!







Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤