Ir al contenido principal

XUVENTUDE POLO CLIMA

Dende o noso centro, Xuventude polo clima ( sección galega do movemento Friday for Future) tamén se empeza a facer visible e loita por presionar aos políticos para que tomen medidas urxentes contra a crise climática. Unha semana perfecta o ser esta a Semana do Clima , que coincidiu coa Cumbre Climática en Nueva York e as movilizacións xuvenís iniciadas por Greta Thunberg contra o cambio climático.
Os alumnos 1º e 4º da ESO (en Bioloxía e Ciencias Aplicadas respectivamente) puxéronse en marcha e os de 1º , trala visualización de vídeos sobre o efecto invernadoiro ,o cambio climático e sobre Greta Thunberg e a movemento Friday for Future, fixeron dibuxos explicando qué é o efecto invernadoiro. Entenderon cómo as emisións de gases provoca o quentamento global e cómo este xenera o cambio climático que estamos a sufrir. 
Seleccionaron frases de diferentes autores sobre este tema e, ademáis de concienciarse, sentíronse partícipes pola preocupación polo planeta. 
Os alumnos de 4ª seleccionaron noticias recentes sobre algunhas das consecuencias do cambio climático: 
  • Agravamento da sequía en África 
  • Aumento das grandes inundacións 
  • Pérdida da cuberta de xeo no Ártico, Groenlandia e na Antártida. 
  • Elevación do nivel do mar 
  • Inadaptación das especies as novas condicións
  • Tamén reflexaron brevemente a historia de Greta Thunberg, orixe do movemento Friday for Future e explicaron en qué consiste unha cumbre climática.
Todo finalizou ca exposición realizada por eles coa axuda dos seus profesores : María e Ramón, adornado con globos que representaban cada un dos gases que provocan o efecto invernadoiro: CO2, CH4, N20,Ozono, CFC.
Enhoraboa a todos/as¡¡¡¡¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤