Ir al contenido principal

LEMA ANUAL


 A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos presentou o lema que propón para este ano: Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía. O ilustrador Óscar Villán interpreta o lema e mostra as posibilidades  que pode ofrecer unha biblioteca. 
Convirtamos entre todos este espazo nun lugar donde aprendamos a convivir, a adquirir valores democráticos, a respetar os Dereitos Humanos , a Cultura da Paz, a desenvolver a estima por nós e polos recursos naturais e culturais. 
Aprendamos a facer da biblioteca un Viveiro de cidadanía.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤