Ir al contenido principal

OS DE 6º TIVERON UN VENRES DE ANDAINA


A Fundación Menela é unha recoñecida entidade de iniciativa social , sen ánimo de lucro que atende ás necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias. Para que poideran coñecer millor o traballo de esta Fundación, os alumnos e alumnas de 6º foron convidados o Auditorio de Nigrán e, para chegar fixeron antes unha andaina de 4 km en total. Alí ,os  rapaces que forman parte da fundación, tocaron varias pezas musicais e, logo, mostráronlles un vídeo de varias das etapas que fixeran do Camiño de Santiago Portugués.
Un venres de deporte , empatía e aprendizaxe.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤