Ir al contenido principal

ESTAMOS DE VOLTA!

 

A PEGA RABILONGA

Este curso as circunstancias sanitarias obríganos a adaptarnos a unha situación nova e excepcional para todas e todos nós. Porén, un curso máis, a nosa biblioteca abrirá as súas portas gardando todas as medidas de seguridade que establecen as autoridades sanitarias. A partir de novembro, a nosa comunidade educativa  poderá volver facer uso da biblioteca e experimentar o pracer da lectura. Deixádevos levar pola maxia dos libros e gozade dun espazo de aprendizaxe privilexiado.

Boa lectura! 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

11 F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

  Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un traballo de investigación sobre mulleres científicas para conmemorar así o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Investigaron mulleres como Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Concepción Arenal, Ángela Ruiz Robles, Ángeles Alvariño… e fixeron unhas fichas técnicas que quedaron expostas no corredor da escola.  Botade unha ollada: