Ir al contenido principal

Queridas librarías, grazas!

 



    Hoxe celébrase o día das librarías e este ano máis que nunca queremos darvos as grazas pola vosa labor. Despois dunha experiencia como a vivida durante o Estado de Alarma, débese destacar a loita das librerías por manterse vivas e activas, dinamizando o tecido social, económico e cultural das súas contornas.


Dentro das celebracións deste día, cómpre destacar a presentación dunha páxina web que centralizará toda a información de actividades e propostas (www.diadelaslibrerias.es), así como a presentación ás persoas usuarias de todostuslibros. com ( TTL), a plataforma da pequena e mediana librería que acaba de incorporar o comercio online ás súas prestacións de consulta bibliográfica, difusión cultural e interacción co usuario.


Grazas por todos estes anos ao noso lado, pola complicidade e por achegar a lectura a cada recuncho!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤