Ir al contenido principal

Benvid@s a este novo curso 2022 - 2023

Benvidos e benvidas,
arrincamos este curso 2022 - 2023 dende este blog.

Neste mes estivemos organizando e argallando novas cousas, entre elas comezaremos polas Mochilas Viaxeiras e os correspondentes cadernos viaxeiros, as cales foron postas en marcha no día das bibliotecas.


Así mesmo, levamos as cestiñas lectoras para cada aula:

Tamén celebramos o SAMAÍN:
  • O alumnado de 4º de ESO fixo máscaras e arañas con material recilado na clase de tecnoloxía. 


  • Fíxose un concurso de portas terroríficas, e estas son algunhas das que podíamos atopar nos corredores da nosa escola.


  • No que respecta ao concurso de cabazas terroríficas, aquí volas amosamos:


  • Estivemos rodeados de lecturas terroríficas:



O pasado 11 de Novembro, celebramos o MAGOSTO. Un día repleto de castañas, xogos e premios compartido con toda a comunidade escolar.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤