Ir al contenido principal

RADIO NA ESCOLA

Este martes, 15 de novembro, tivemos unha visita moi especial.
A Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia coa colaboración da cadea Siradio, levou a cabo no noso centro o proxecto Radioemoción e para iso contou coa participación do alumnado de 6º de Primaria.

O alumnado tivo que facer entrevistas ás súas familias sobre a importancia e a presenza da radio nas súas vidas, elixir unha canción e facer unha redacción onde a radio fose a protagonista.

Prepararon unhas preguntas para facer aos 3 invitados que tivo o programa:

- David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo
- Hugo Pereira Chamorro, comunicador e politólogo, ex-alumno do centro.
- Pedro Rodríguez Villar, escritor, xornalista e director de Teatro do Ar.

Foi unha experiencia marabillosa, e gratificante onde o alumnado aprendeu e desfrutou.

Velaquí vos deixamos con algunhas imaxes:


Durante estes días, contamos na escola cunha exposición moi interesante:



Para finalizar, queremos agradecer dende aquí a Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia e a cadea Siradio por deixarnos formar parte desta fabulosa experiencia,, así como dar as grazas tamén aos nosos invitados, por compartir este día con nós.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤