Ir al contenido principal

30 X - Día Escolar da Non Violencia e da Paz

 

Hoxe, día 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz
Dende o cole estivemos realizando diferentes actividades: murais, decoración de portas, realización de biografías sobre  persoas que gañaron os Premios Nobel da Paz, como poden ser: María Teresa de Calcuta, Malala Yousafzai, Martin Luther King, Nelson Mandela e Rigoberta Menchú, entre moitos,... 
Finalmente, fixemos unha carreira solidaria, pero antes de correr tocaba calentar, así que os nosos profes Belén, Cibrán e Fran preparáronnos no calentamento cunha sesión de zumba e de estiramentos.
Tivemos a sorte de recuperar un día moi especial no noso cole que, por culpa da pandemia, non o puidemos celebrar nos dous últimos anos.
Volvimos a correr pola solidariedade xunto cos nenos e nenas da EEI Dunas, do CEIP da Cruz - Camos, do Centro Juan María e do CEE Panxón..
A verdade é que ver aos nosos familiares, mestres e mestras e ata representantes do Concello, incluído o alcalde dounos tantas forzas que conseguimos superarnos.
Moitas grazas a todos! 
Vémonos na próxima!
Aquí vos deixamos cun resumo:



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤