Ir al contenido principal

Saída ao teatro: What Monster!


Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu ao teatro A Fundación para ver unha obra de teatro en inglés titulada What Monster? de On Stage Company.

Esta peza teatral narra o que podería ocorrer se un monstro nos axudase a enfrentarnos a aquilo que nos asusta, pero existe un problema: a lei dos monstros é clara... Toda axuda ten un prezo!

Esta divertida obra articúlase a partir da participación dos nenos e nenas. No noso cole contamos con dous pequenos actores: Unai de 5º e Miguel de 6º que o fixeron moi ben.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo da nosa xornada:





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤