Ir al contenido principal

PANXÓN NOBEL 2023

Para rematar o entroido entregáronse os diplomas do Panxón Nobel da Paz aos rapaces e rapazas de Educación Primaria. Os seus compañeiros e compañeiras da clase expuseron as razóns polas que deberían ter esta especial mención. Todas elas xiran en torno a valores como poden ser: axudar aos demais, estar en momentos difíciles, ser bo amigo/amiga, ser amable, comprensivo, respetuoso...

Este ano os gañadores🏆foron: 

  • 1º EP - Maia
  • 2º EP - Arya
  • 3º EP - Sabela
  • 4º EP - Laura
  • 5º EP - Diego
  • 6º EP - Miguel

Parabéns rapazada!👏😊



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤