Ir al contenido principal

UN DÍA POLO HORTO...

 

A pasada semana o alumnado de Educación Primaria puido desfrutar das actividades do horto que realizamos tódolos meses.
Cada curso encargouse dunha cousa para que o noso horto floreza san e bonito:
  • 6º encargouse de elaborar apichi unha especie de insecticida natural que serve para eliminar plagas como orugas, pulgóns,...
  • 4º e 5º traballaron a orientación e plantaron uns xirasois🌻. Sairán? Veremos que ocorre nos próximos días.
  • 3º traballou a horta vertical 
  • 2º plantou uns ricos amorodos 🍓
  • 1º encargouse de facer unha boa limpeza e da plantación.
Sen dúbida, o traballo destes cativos é impresionante!
Moi bo traballo equipo primaria!👏👏👏
Vos deixamos cun resumo:👇😁




Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤