Ir al contenido principal

Reto 3: Gotas de vida + obradoiro de papiroflexia

Dende a biblioteca escolar queremos aportar o noso grao de area facendo colibrís con papiroflexia e contándovos a fábula dun paxaro chamado colibrí, que é a imaxe da campaña do día mundial do retrete que se celebrará o día 19 de novembro. Queremos celebrar este día xa que o saneamento e a auga potable son dereitos humanos, o acceso a estes servizos é fundamental para a saúde humana.

Fábula do pobo quechua do Perú:

"«Certo día declarouse un incendio no monte e todos os animais fuxiron disparados. Con todo, tras poñerse a salvo, quedaron pasmados contemplando as chamas, sumidos no terror e a tristura.

Por encima das súas cabezas, unha colibrí ía e viña do lume, unha e outra vez. Os animais máis grandes preguntáronlle á colibrí que estaba a facer.

—Voo ao lago a por auga para axudar a apagar as chamas.

Os animais botáronse a rir e exclamaron:

—Ti soa non podes extinguir o incendio!

—É certo —contestou a colibrí—, pero estou a achegar o meu gran de area».


A lenda anímanos a “ser o cambio que queremos ver no mundo”.


Agora é o voso turno:





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤