Ir al contenido principal

Thanksgiving en 5º de EP




Este 23 de novembro, celébrase Thanksgiving e na clase de 5º de EP traballamos esta celebración dende a materia de ARTS & CRAFTS. A nosa auxiliar de conversa, Ryan, explicounos a actividade e que significaba este día. Así mesmo, indicounos os pasos que debíamos seguir para debuxar uns pavos coma os que veredes nuns instantes. En cada unha das plumas, os cativos e cativas escribiron aquelas persoas, cousas... as que eles lles dan grazas: mamá, papá, avós, irmáns, familia, mestres, veciños....


Sentíronse moi afortunados e fixeron un gran traballo! 😁


Mirade cómo traballaron e o resultado final: 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤