Ir al contenido principal

ODS 2030

 

No día de hoxe, os rapaces e rapazas de sexto de primaria estiveron traballando e reflexionando sobre os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) 2030. Para isto, elaboramos un mural cos obxectivos en forma de lapelas. Así, o alumnado, por parellas, debía colocar nestas lapelas as súas ideas e suxerencias para contribuir cos ODS. 
Por exemplo: no caso do obxectivo producción e consumo responsable, unha das ideas que colgaron foi non mercar alimentos que non imos consumir próximamente, polo cal reducimos o consumo.
Posteriormente, o resto de alumnado de ESO e primaria pode contribuir cas ideas/suxerencias para contribuir aos ODS e conseguir encher as lapelas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤