Ir al contenido principal

Os xogos de mesa mudaron

 

Esta semana os xogos de mesa da nosa biblioteca mudaron de sitio: teñen un moble só para eles! 💙
Están clasificados por idades, competencias e funcións executivas. Se non sabes se o xogo se adapta a túa idade, tes un libriño onde están organizados por idades e cursos.
Se queres vir a probalos e xogar, a biblio permanece aberta nos recreos e as tardes dos mércores e xoves de 16:00 a 18:00 horas.
Lembra que non se realiza empréstito para casa.😉




Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤