Ir al contenido principal

CAMPAÑA "ESPANTALLO AMIGO"

OS nenos e nenas de 3º e 4º de primaria participaron no proxecto teatral e literario ideado por Os Quinquilláns e  a Editorial Galaxia a partir do Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas. Unha vez que traballaron esta lectura durante a HORA DE LER cos seus titores/as, asistiron o martes 14 de marzo ás 11:30h a representación teatral no Auditorio de Nigrán.

A historia de xenerosidade ideada por Xosé Neira Vilas estivo contada, na versión teatral de Lucho Penabade e Tero Rodríguez, polos nenos que no seu día conseguiron superar a miseria grazas á xenerosidade do espantallo amigo e que, xa convertidos en home e muller, quixeron facer unha montaxe teatral que explicara o sucedido.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤