Ir al contenido principal

RECITANDO

Todos os alumnos de Secundaria recitaron os poemas que seleccionaran previamente na Hora de ler durante este mes. Marzo ben merece unha dedicación exclusiva ao mundo dos versos.
A tarefa é agora do Equipo de Biblioteca que, contando tamén polo votado polos alumnos/as, escollerá aos cinco recitadores mellores do colexio.
Engádimosvos o vídeo dalgúns cursos para que poidades opinar: 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤