Ir al contenido principal

APADRIÑAMENTO LECTOR NA EEI "AS DUNAS"

O martes 25 de abril, os alumnos de 3º e 4º de primaria con motivo do Día do libro desprazámonos á E.E.I. “As Dunas” para realizar a actividade de Apadriñamento Lector. Esta actividade consistiu en que os nosos alumnos e alumnas léronlle contos aos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.
As mestras da E.E.I. “As Dunas” seleccionaron aqueles libros que consideraron oportunos para os seus alumnos e alumnas. No noso centro os padriños e madriñas prepararon agasallos en forma de debuxos relacionados co libro que leron aos seus afillados e afilladas. Tamén o noso alumnado recibiu un agasallo dos nenos e nenas da escola. 
A actividade realizouse no patio da E.E.I. “As Dunas”. Durante unha hora a lectura compartida converteuse na protagonista da semana. Os alumnos e alumnas fixérono estupendamente! 
Para finalizar, gozamos todos os participantes dunha rica merenda que nos prepararon as mestras. Resultou unha experiencia moi positiva! 
Aquí podedes ver algunhas fotos da actividade:



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤