Ir al contenido principal

UN CINE PARA LER: OBRADOIRO IV

O derradeiro día adicámolo a explicar como se fai a montaxe. Comentáronse algúns dos programas básicos de edición, aínda que parte do alumnado xa traballara con anterioridade con aplicacións como VivaVideo.
Por último, e ao obxecto de que amplíen a súa cultura audiovisual e perdan o medo para achegarse a outro tipo de narrativas máis clásicas pero tan atractivas como as actuais, tivemos unha pequena charla explicativa sobre o cinema “en branco e negro”, e descubrímoslles “” artistas da talla de Buster Keaton ou os Irmáns Marx.
Conseguiron entender o complexo e tedioso que pode resultar a produción dunha curtametraxe. É notable destacar o desexo por parte de todos os alumnos o realizar ficción real o que fixo modificar o proxecto inicial de creación unha curtametraxe pola técnica de stop- motion.
As produccións realizadas podedes velas picando nos enlaces: CURTO 1, CURTO 2

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤