Ir al contenido principal

UNCINE PARA LER: OBRADOIRO III

XOVES 10 E VENRES 11 DE MAIO
Ao longo dos dous días, os participantes realizaron a gravación das curtametraxes, O Grupo I contou coa colaboración do seu profesor de inglés, Jorge, mentres que o outro Grupo tivo como actriz á súa titora Mariña. A rodaxe desenvolveuse, para nosa grata sorpresa, cunha planificación eficiente: non só se gravaron todos os planos previstos, senón que ademais a implicación dos nenos permitiu que se realizasen varias tomas ata conseguir material suficiente. Unha das cousas a salientar é que tiveron a suficiente creatividade como para buscar alternativas enxeñosas ás dificultades – sobre todo, a nivel
localizacións – que carrexaban os guións. Outra, destacar o bo ambiente e o compañeirismo existente entre todos os alumnos - o que redundou nunhas xornadas produtivas e divertidas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤