Ir al contenido principal

UN CINE PARA LER: OBRADOIRO

Durante a semana do 7 ao 14 de maio o alumnado de 6º de Primaria realizou un obradoiro de cine o obxectivo foi dar a coñecer a todos os participantes as reviravoltas do proceso de gravación dunha curtametraxe, comprobando, por eles mesmos, a necesidade do traballo en equipo; a cooperación entre todos imprescindible para que o proxecto sexa unha realidade.
Así mesmo facerlles ver que a través da sétima arte pódense mostrar as súas inquietudes, desexos, soños...ou calquera tema que queiran expoñer.
Pero, sobre todo, que con poucos medios pódense conseguir grandes obras pasándoo ben.
Comezamos o Luns 7 de maio cunha Charla explicativa para os alumnos de 5º e 6º de primaria: “Que é o cinema”. Xa exclusivamente có alumnado de 6º, comezouse a traballar cos dous grupos que se realizaron e tiveron plantxaron as ideas que ian usar como punto de partida, un grupo "o compañerismo e a forza da unión" e o outro grupo "o exceso de deberes". A partir de ahí elaboraron
os argumentos correspondentes: un equipo de fútbol que perde á súa estrela principal o grupo I; mentres que o grupo II unha folga en clase con resultados... insatisfactorios.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤