Ir al contenido principal

22 M - Día Mundial da Auga

 

O pasado 22 de marzo, conmemorouse o Día Mundial da Auga e por este motivo quixemos concienciar á comunidade educativa para que aforrase auga.

Aproveitamos para compartir convosco unha fábula do pobo quechua en Perú sobre un colibrí que é a icona que neste caso elixiron para a campaña de divulgación do día mundial da auga 2023. 

O lema é “se o cambio que queres ver no mundo”.


Fábula
Certo día declarouse un incendio no monte e todos os animais fuxiron disparados. Con todo, tras poñerse a salvo, quedaron pasmados contemplando as chamas, sumidos no terror e a tristura.
Por enriba das súas cabezas, unha colibrí ía e viña do lume, unha e outra vez. Os animais máis grandes preguntáronlle ao colibrí que estaba a facer.
—Voo ao lago a por auga para axudar a apagar as chamas.
Os animais botáronse a rir e exclamaron:
—Ti soa non podes extinguir o incendio!
—É certo —contestou a colibrí—, pero estou a achegar o meu gran de area.


O alumnado do CPI Arquitecto Palacios participou na campaña realizando uns colibrís de papel creando un ramo global:

E tamén crearon un mural co colibrí e o lema:







Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤