Ir al contenido principal

Saída: Sala Ártika e Naturnova

No día de onte, o alumnado de 4º, 5º e 6º fomos de saída a Vigo. 

A primeira parada que fixemos foi Sala Ártika onde puidemos desfrutar dunha obra de teatro titulada "Cartoóns".

A obra trataba de dous personaxes abandonados nas marxes, os cales perderon todo e tiñan que inventalo todo de novo. Convirten o noso lixo en luxo e lle dan unha nova vida as cousas.

A segunda parada foi na Alameda de Vigo, onde puidemos compartir un ratiño de merenda todos xuntos ao sol. 

Finalmente, fomos a Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental de AFundación, onde nos agardaba o Desafío Naturnova. 

Aquí percorremos distintas salas onde puidemos explorar o universo, o noso planeta, o ser humano e o medio dunha forma activa e lúdica a través de módulos e actividades interactivas e didácticas: xogos de ordenador, imaxes virtuais, obxectos, olores, recreación de ambientes, mapas,...

Foi un día moi completo, con moitas aprendizaxes e moi emocionante.😀😁😄

Botade unha ollada 👇







Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤