Ir al contenido principal

CONGRESO DE INNOVACIÓN: FPINNOVA

 


Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 4º da ESO visitaron o Gaiás na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela..
Asistiron a un Congreso de Innovación na Formación Profesional que serve de referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, na transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional.
O congreso contaba cunha zona expositiva onde os rapaces e rapazas puideron coñecer:
  • A investigación e a innovación que os centros de FP están a desenvolver a través da visualización de diversos proxectos.
  • A innovación ligada ao emprendemento.
  • A experimentación das novas tecnoloxías coa participación nos obradoiros sobre diversas temáticas: ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada...
Sen dúbida, esta xornada resultou unha fantástica ocasión para coñecer as diversas posibilidades que nos ofrece a formación profesional nos diferentes centros.

Vos deixamos cunha mostra do que experimentaron 👇: 



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤