Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2012

BO NADAL

A Navidade  relacionámola coas guirnaldas, os agasallos, o turrón... O tempo libre convertese no protagonista os días e en ocasións de tal maneira que, sin saber como, o sofá  atrapanos e a TV e o ordenador aducen.     Aliandonos co mundo da fantasía abremos as portas das nosas vitrinas para que os ladróns, xigantes, licántropos, amantes...escapen dos estantes, cheguen ao sofá no que os vos atopedes e deixes que as súas páxinas te conten as historias que ninguén che contou.   Aprenderás del e co tempo será o teu refuxio, o teu compañeiro; crecerás con él e gracias a él. Un libro xa te está chamando. ¡Ábreo! Cando termines de lelo saberás que xa non eres igual. Deix que te susurre ao oído entre villancico e villancico. Deixa que se acerque e aprenderás a querelo. Durante as Navidades tamén se le BO NADAL E VENTUROSO ANI NOVO

EXPOSICIÓN DE CADERNOS

  Un dos obxectivos que plantexamonos para a mellora das competencias de comunicación lingüistica do noso alumnado esta relacionado coa expresión escrita e coa corrección ortográfica e formal dos cadernos de clase.   Para potenciar estas cuestións realizamos, dende o curso pasado, unha EXPOSICIÓN DE CADERNOS na que se mostran aqueles que destacan polo seu coidado presentación e polos seus contidos. Durante a semana pasada montamos esta mostra, para a que se seleccionaron só algún dos moitos cadernos que, cada vez en maior cantidad, realizan os nosos alumnos e alumnas con esmero e dedicación.   Un xurado composto por profesores e profesoras do centro seleccionaron os máis destacados aos que o día 21 entregouselles  un premio. A verdade é que o traballo non foi fácil xa que todos o merecían e o verdadeiro premio xa foi ser seleccionado para a exposición.  En xuño, ao final de curso, realizaremos unha nova exposición na que se premiaran os mellores cadernos

SUXESTIÓNS DE NADAL

CELSO EMILIO FERREIRO

O Parlamento de Galicia acordou declarar o 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro por coincidir co centenario do seu nacemento. Máximo expoñente da poesía social en lengua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros funadamentais para entender a literatura galega contemporánea.Para conmemoralo, unha boa parte dos centros escolares galegos organizaron un acto o 12 do 12 do 2012 ás 12h. O noso centro rendiulle un pequeno homenaxe lendo algún dos seus poemas e rapeando o poema “Deitado frente ao mar” na biblioteca.

RECITANDO A CELSO EMILIO ...DÍA DOCE DO DOCE DO DOUS MIL DOCE ÁS DOCE

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro , unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propóñennos renderlle unha homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema " Deitado fronte ao mar " (Longa noite de pedra, 1962). O CPI de PANXÓN, o día 12 do 12 do 2012 ás 12, súmase a esta iniciativa. Deitado frente ao mar I from Seso Durán on Vimeo .

CONTO: LETRAS DIFERENTES

Como sabedes no CPI este curso estamos desenvolvendo un proxecto de Fomento lector coas TICs entre o alumnado de 1º de ESO e o alumnado da EEI “AS DUNAS” 5 anos.  Neste   3 de decembro   en que conmemoramos   O Día Internacional da Discapacidade   os alumnos/as de 1º de Eso non esqueceron aos seus compañeiros de Dunas. A partir dun traballo interdisciplinar entre o Departamento de orientación, que se encargou de sensibilizar ao alumnado coas discapacidades, o Departamento de Sociais que traballou cunha Unidade didáctica a película “Intocable”, xurde dende o Departamento de Lingua a creación dun conto sobre discapacidade   “Letras diferentes”   para que o alumnado de Infantil 5 anos, traballe este día da discapacidade.  ¡¡¡¡¡Enhoraboa rapaces polo voso esforzo e bo facer¡¡¡¡¡ Open publication - Free publishing