Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2012

CONTOS, FÁBULAS E LENDAS

Recopilación excelente de enlaces e recursos que sobre esta temática ofrecenos Rosa Larraz en Cuaderno Intercultural. Coleccións de contos e fábulas, audiocontos e videocontos, contos cortos, contos interactivos, contos infantís signados... Extenso e útil repertorio para telo nos teus favoritos    

LECTURA E FAMILIA

Para que o fomento lector sexa exitoso a longo plazo requierense estratexias que privilexen o gusto pola lectura a través dun traballo conxunto da familia e a escola. Estas publicacións recollen orientaciónes de grande interese para ler en família. Vía Bibliotecas de Albacete

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA AOS FUTUROA BATEEIROS

Hoxe 29 de maio visitáronnos os futuros Bateeiros, que son os alumnos/as de 5 anos na EEI As Dunas. Viñeron coa súa profe Isa e a Directora Raquel. Estaban moi nerviosos pois ían coñecer o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º traballaron moitísimo para decorar a clase, facer o mural dos futuros Bateeiros e facer os debuxos cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Salón de actos e fixemos unha dinámica de grupos para coñecernos un pouco mellor, pasámolo moi ben todos. Coñecendonos - foto montaje Logo de facer a presentación e coñecernos un pouco mellor démoslles a sorpresa de ensinarlles o pavillón que é enorme e alí estaba Victor para facer un xogo deportivo con todos nos. XOGOS NO PAVILLÓN - foto montaje Desfrutaron no recreo coa alumnado do primeiro ciclo moitos deles foran xa compañeiros/as deles na Escola de Dunas.