Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Operación Quilo: completada

  A o igual que en cursos anteriores, ao chegar as datas do Nadal, realizamos no noso centro a campaña de recollida de alimentos que entregamos ao Banco de Alimentos Municipal:  OPERACIÓN QUILO Nº XII. Con esta campaña tratamos de fomentar nos nosos cativos e cativas o valor da cooperación, a solidariedade e a axuda aos demais, entre outros. Dende a escola fomos capaces de reunir un total de  142 kg e uns vales. Moitísimas grazas a todas as familias que puideron colaborar nesta campaña!

Obradoiro: pensando en vidro

  Neste mes de decembro o alumnado do CPI Plurilíngüe Arquitecto Palacios realizou diferentes talleres de reutilización de materiais: plásticos, de vidro e de CD`s para confeccionar adornos de Nadal. Xeración ECO aportanos os seguintes datos: O noso estilo de vida está baseado no consumismo (que non é o mesmo que o consumo). Isto implica a necesidade constante de explotar os recursos naturais para poder satisfacer as nosas necesidades, mais tamén a produción dunha gran cantidade de residuos. Estímase que cada ano xeramos no mundo 2.010 millóns de toneladas de residuos urbanos, o equivalente a 822.000 piscinas olímpicas. Os e as expertas dinnos que aumentará a xeración de residuos, se non facemos algo, nun 70 % en 2050. Isto é unha barbaridade, e non podemos permitilo. De todos os residuos producidos nos fogares españois, o 13 % son residuos de vidro, un material que grazas ás súas propiedades se pode reciclar infinitas veces (para producir novos envases de vidro) ou que podemos reutili

Obradoiro: Nadal sostible

  Esta semana, a rapazada de 4º da ESO participou nun obradoiro de reutilización de materiais para elaborar uns fantásticos adornos de Nadal. Este obradoiro foi impartido por Marcela, nai dunha alumna.  Así mesmo, colaboramos co reto 1 da Xeración ECO. Mirade:

Actividades do Nadal

  As recomendaciones de Nadal son as seguintes: E por estas datas como tódolos anos, cativos e cativas da escola fixeron unha chea de actividades. Vos deixamos cunha pequena mostra:

Concurso de portas de Nadal

  Aquí vos deixamos coas portas que participan no concurso. Son todas xeniais e moi elaboradas. Bo traballo, rapazada! 👏

Obradoiro de postais con EEI Dunas

  Hoxe tivemos a sorte de contar coa clase de 5 anos da EEI Dunas. Viñeron ao noso cole para realizar un obradoiro de postais de Nadal. Todos estaban moi emocionados e colaboraron en grupos mixtos 1º, 3º e 5º de EP. Moito traballaron e o pasaron moi ben. 😁 Moitas grazas por vir e participar 😊 Mirade:

Aporta o teu kilo na Operación Kilo

  Dende o CPI queremos axudar, e para iso coa operación kilo imos colaborar. alimentos non perecedeiros podemos aportar, e entre todos poderemos axudar. Moitas grazas a todas e todos por colaborar 😊

25 N

  O 24 de novembro de 2023 o alumnado de 3º ESO participou na posta en común dos talleres audiovisuais para a prevención da violencia de xénero que promoveu o Departamento de Orientación. Os tres centros de ensino secundario de Nigrán: IES Proval,  IES Val Miñor e CPI Pl. Arquitecto Palacios mostraron os traballos audiovisuais no auditorio do concello de Nigrán. Esta actividade veu ofertada polo CIM xunto con CRU (productora con perspectiva feminista) e Rabelo. O broche final do espectáculo puxo “A drag pandereteira” . 

3 D - Día Internacional das Persoas con Discapacidade

  Como cada 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade . As lecturas propostas nesta ocasión son: Dende o noso centro traballamos este día tendo como referentes as paralímpicas españolas a partir das cales, fixemos un mural. Os nenos e nenas de 1º, 5º e 6º traballaron xuntos, leron as biografías destas rapazas e sobre todo, aprenderon un montón. Mirade: Para finalizar este día, os cativos e cativas de EP puideron asistir a un encontro co CEE Juan María e outros centros educativos no pavillón de Panxón onde puideron ver unha actuación do grupo Xermola: Todos menos uno. Para finalizar a xornada, gozaron dunha chocolatada.

20 N - Día Universal da Infancia

  O Día Universal do Neno, celébrase tódolos anos o día 20 de novembro, é un día dedicado a tódolos nenos e nenas do mundo. É un día de celebración por tódolos avances conseguidos, pero tamén é un día para reinvidicar a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar as persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento. Na escola estivemos traballando os dereitos dos nenos e das nenas e entre todos fixemos este gran mural: