Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

UNHA BIBLIOTECA NOVA

A primeira actividade de oratoria deste curso vai servir para que coñezamos entre todos novas bibliotecas do mundo, xa que dende a biblioteca do centro estamos a conmemorar o Mes Internacional das Bibliotecas escolares. Terás que escoller unha que consideres especial por algo. Investiga sobre ela. Elabora un esquema onde aparezan os apartados do teu traballo. Redacta o traballo tendo en conta as normas vistas sobre iso e, por último, prepara a túa exposición oral. O 4 de outubro empezaredes as presentacións. Investiga, redacta e expón. Procura que o teu traballo sexa orixinal e o mais a creativo que poidas.