Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

OBRA DE TEATRO "GOLPES"- ESTIBALIZ VEIGA

O alumnado de 3º e 4º da ESO dentro da programación de catividades para o Día en contra da violencia de xénero, asistiu a representación teatral da obra GOLPES.  GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir. Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia). Foi un espectáculo directo, que xoga co impacto da posta en escea, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no "savoir faire " da atriz, quen incorpora múltiples personaxes diante doso nosos ollos. Moitas grazas a Estibaliz Veiga polo seu bo facer, que nos dexou impresionados e fixonos reflexionar sobre onde empeza todo. 

GAÑADOR CONCURSO POSTAL E TEXTO DE NADAL

Gañadora concurso postal de Nadal: Iria Alonso Lago 3º ESO Gañadora Texto de Nadal : Lucia Laiz Pomar 3º ESO

CONTACONTOS APALPADOR 13 DE DECEMBRO

Hoxe 13 de decembro recibimos con moita ilusión a visita do Apalpador, figura mítica do Nadal. Pablo (profe de inglés do CPI) fixo as ledicias do noso alumnado de primaria, palpou barrigas, contou anécdotas ..e transmitiu valores como o repecto pola natureza, hábitos saudables...etc

OS NOSOS MONSTRUOS 1º PRIMARIA

VIII OPERACIÓN QUILO: “Alimentos libros e Recollida de xoguetes”.

"Un ano mais con motivo das festas de Nadal, realizamos a campaña de recollida de alimentos ao igual que nos dous últimos anos podedes escoller un libro procedente do expurgo a cambio da entrega dos alimentos” e xunto coa campaña de alimentos en colaboración coa ANPA tamén facemos Campaña de recollida de xoguetes. Todos os alimentos e xoguetes serán doados ao Concello para a súa distribución. Tratamos con iso de fomentar no alumnado os valores de solidariedade e de axuda. Por esta razón propoñémosvos que ao longo das vindeiras semanas, entre o 2 de novembro e o 18 de decembro, cada familia que o desexe colabore con algún quilo, litro, bolsa… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, azucre, latas, leite…) e xoguetes que os vosos fillos/as non lle fan caso e que acaban nos trasteiros o no fondo dos armarios. É importante facerlles ver aos vosos fillos/as que doando o que lles sobra poden facer felices a outros nenos necesitados. Agradecemos de antemán a vosa colabo

SESIÓN DE CONTACONTOS NA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "AS DUNAS"

Os alumnos/as de 1º e 2º de primaria participaron nunha sesión de contacontos  coa temática da igualdade a cargo de "Donde viven los cuentos"

EXPOSITOR LIBROS DE NADAL

X a chega o Nadal e podedes recoller cos coso titores/as os libros para ler na aula.

CONTACONTOS APALPADOR

O día 13 decembro chega o Apalpador á biblioteca, para os alumnos/as de 1º,2º e 3º de primaria ás 11 horas e para 3º, 4º e 5º de primaria as 12:00 horas.

CONCURSO DE DEBUXOS E TEXTOS DE NADAL

COMERCIO CON SENTIDO

O alumnado de primaria participou este mércores, na actividade titulada “Comercio con Sentido”, dirixida especialmente a escolares co obxectivo de achegalos ao comercio xusto e o consumo responsable, para acabar coas desigualdades entre os países produtores e os consumidores. A actividade tivo como base unha exposición con ilustracións do debuxante pontevedrés Xoán Arellano, que en clave de humor explica para nenas e nenos as relacións comerciais norte-sur, os actores do comercio internacional, as inxustas regras que definen as políticas comerciais… A exposición compleméntase con tres stands nos que as monitoras amosaron ao alumnado como se producen, quen os transforma e como se distribúen os beneficios do comercio de produtos como o azucre, o cacao e o café, a segunda materia prima que máis se exporta despois do petróleo. A actividade presenta os problemas pero tamén as solucións: o comercio xusto. A actividade realizada incluíu o obradoiro “cociñando con Comercio Xusto”, no que part

A PORTA VIOLETA: 25 DE NOVEMBRO

O alumnado de 5º e 6º de primaria prepararon unhas actividades para conmemorar o día en contra da Violencia de xénero,a partir da  canción “La Puerta Violeta” de Rozalén (letra especialmente dedicada á violencia de xénero). Tomaron as ideas do blogue “Una pizca de Educación” https://unapizcadeeducacion.com/ Algunhas das súas actividades foron: • Analizar a letra da canción facendo un debate sobre o seu contido. Para iso cubriron unhas fichas que lless axudaron a reflexionar sobre a súa letra. • Crearon portas violetas con papel e dentro escribiron frases, historias, debuxos, etc. Que lles fixeran recapacitar sobre o a situación pola que pasan moitas mulleres. Estas portas as pegaron na porta da  aula (alumnado de 6º) e no mural do corredor (alumnado de 5º). • Plastificaron cartulinas co título da canción e as puxeron polo corredor de primaria colgadas no teito. • Fixemos cartulinas en A3 co símbolo feminista e con frases recollidas previamente dos libros da bibli

ZAPATOS VERMELLOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, no Día contra a Violencia de Xénero, no CPI Arquitecto Palacios de Panxón quixemos poñernos, senón na pel, si nos zapatos de todas as mulleres que este ano levan morto no noso país. 52 mulleres que morreron polo feito de ser mulleres e de atoparse nas súas vidas con homes que non souberon ver nelas a seres cos mesmos dereitos e liberdades.    Todo o alumnado do centro rendeulles homenaxe lendo, un por un, os datos das mulleres asasinadas, mentres colocaron un par de zapatos vermellos en recordo de cada unha, como fixera a artista mexicana Elina Chauvet. Entre todos formaron as palabras “Libres e vivas” e, para finalizar, dous alumnos de 4º da ESO leron un manifesto no que solicitaron que desaparezan todas as mostras de violencia machista e que non se xustifique ao home que empregue a violencia para dobregar e someter a muller como mostra machista.

CONTACONTOS 1º PRIMARIA: ARTURO E CLEMENTINA

Ao longo da semana do 25 de novembro os diferentes cursos da etapa de primaria, realizaron lecturas relacionadas coa conmemoración do día internacional en contra da Violencia de Xénero, entre eles os de 1º primaria, leron o conto de "Arturo e Clementina".

OBRADOIRO DE TEATRO FORO: VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte contamos no noso centro co obradoiro de teatro en foros da Fundación MATRIX, a actividdae foi dirixida para o alumnado de 3º e 4º da ESO, con ela pretendemos sensibilzar á sociedade para previr a violencia de xénero entre as novas xeracións. ESTRUCTURA DO OBRADOIRO: Nos días previos á actividade o alumnado de 3º e 4º, respondeu a uns cuestionarios sobre a igualdade e diversos aspectos relacionados coa violencia contra a  muller facilitados pola Fundación Matrix. Aui ainda non saben que ían participar nunha experiencia de teatro foro sobre o maltrato, nin o que ían ver días despois. TEATRO INVISIBLE:  Uns días despois de cumprimentar o cuestionario (18 de novembro), o alumnado cree asistir a unha charla sobre Redes sociais. A charla comezou coa presenza de dous conferenciantes de distinto sexo. Ela esquez unhas fichas e discute co seu compañeiro. Aínda que ela se disculpa, el reacciona insultandoa e con menosprezo d emaneira agresiva e violenta, ela abandona o esce

PREMIOS CONCURSO RELATOS DE TERROR

Os gañadores do concurso de Relatos de terror son: 2º Primaria: Ángela Pico 3º Primaria: Yago Casas González 4º Primaria: Caetana Cabral González 5º Primaria: Andrea Rodríguez Villar 6º Primaria: Sergio Pazó Iglesias Secundaria: Miguel Melón Blog Relatos De Terror Premiados 19 20 Leer más publicaciones en Calaméo

25 DE NOVEMBRO: EXPOSITOR LECTURAS

No corredor xa tedes os libros para a conmemoración do día 25 de novembro en contra da violencia de xénero.

PREMIOS CONCURSO TEXTOS SOBRE O OUTONO

EXPOSICIÓN FROITOS DE OUTONO

Co obxecto de conmemorar a entrada do outono e dentro do proxecto anual, Cultura que conta II. O alumnado trouxo froitos de outono cos que realizamos unha exposición e realizaron unha pequena investigación sobre os froitos desta tempada e as zonas vitivinícolas. Froitas De Outono Leer más publicaciones en Calaméo Zonas Vitivinicolas Leer más publicaciones en Calaméo

MAGOSTO

Un ano mais celebramos o magosto, os alumnos/as de 4º de ESO foron os encargados de asar as castañas, compartimos co alumnado xogos tradcionais galegos como, a Buxaina, a corda, ...etc, degustamos as castañas e os postres que as familias compatiron con todos nós. Unha vez rematadas as actividades fixemos a entrega dos premios dos Relatos de terror, cabazas, mellor debuxo de outono.

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS E EXPOSITORES SAMAÍN

GAÑADORES CONCURSO DE CABAZAS

OS GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS FORON: MARTINA ALONSO 2º PRIMARIA LEO ARESES 6º PRIMARIA  PAULA PEREIRA COMESAÑA 1º ESO

GAÑADORA CONCURSO DEBUXO OUTONO

LECTURAS HALLOWEEN-SAMAIN

Familias, achégase unha celebración pedagóxica moi atractiva para os máis pequenos: HALLOWEEN-SAMAIN. A parte de disfrazarse podemos achegarnos a esta festa a través de títulos que relatan historias de halloween ou sinxelamente os medos que tanto nos asustan a todos desde moi pequenos. Non é a nosa intención asustalos, todo o contrario é fomentar a lectura en familia e a creatividade. Guía De Lecturas E Cine Samaín 19 20 Leer más publicaciones en Calaméo SELECCIÓN LECTURAS EN INGLÉS

ENTREGA REXISTRO LECTURAS PRIMARIA

Hoxe entregáronse as carpetas de rexistro lector. A ver quén é o que le mais este curso......

REBELDES TRANSGRESORAS: DÍA DAS ESCRITORAS

Como xa vos explicamos en entradas anteriores dende o 2016 vense celebrando o Día das escritoras como iniciativa da Biblioteca Nacional de España, este ano dende a biblioteca quixemos reivindicar o legado das escritoras facendo un achegamento a algunha das mais coñecidas en lingua castelá e galega. Asi o día 14 de outubro na hora de ler, o alumnado tivo que escoller unha escritora e investigar e ler sobre ela. O resultado deste traballo foi un libro dixital e un mural.

CULTURA QUE CONTA: LÍRICA POPULAR MEDIEVAL NO CPIARQUITECTO PALACIOS

Os alumnos/as de 3º estudiaron e traballaron as diferentes mostras da lírica popular na Idade Media . As jarchas, as cantigas de amigo e os villancicos desta época  servíronlles de exemplo para poder inspirarse e, seguindo as pautas de xuglares e trovadores, compuxeron como si nese momento da Literatura estiveran.

OUTUBRO DE HALLOWEEN

Xa estamos en outubro e non vos podedes esquecer dos concursos que presentamos con motivo destas datas . Para participar no concurso de Relatos de terror teredes que presentar os traballos antes do día 12 de novembro. Os relatos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entregarédellelos ás profesoras de Secundaria  destas asignaturas respectivamentes.O día 15 (dia no que celebraremos o Magosto ) entregaranse os premios ós gañadores.   Para o concurso de cabazas  terédelas que traer dende o 28 ó 30 de outubro. Inxenáivolas para presentar a cabaza mais terrorífica, curiosa ou divertida. Seguro que os resultados volven a sorprendernos a todos. A ver quen logra asustarnos mais este ano...

OS DE 6º TIVERON UN VENRES DE ANDAINA

A Fundación Menela é unha recoñecida entidade de iniciativa social , sen ánimo de lucro que atende ás necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias. Para que poideran coñecer millor o traballo de esta Fundación, os alumnos e alumnas de 6º foron convidados o Auditorio de Nigrán e, para chegar fixeron antes unha andaina de 4 km en total. Alí ,os  rapaces que forman parte da fundación, tocaron varias pezas musicais e, logo, mostráronlles un vídeo de varias das etapas que fixeran do Camiño de Santiago Portugués. Un venres de deporte , empatía e aprendizaxe.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este luns Primaria tivo a formación de usuarios o longo de toda a mañán. Todos  os alumnos baixaron á biblioteca e recordaron e aprenderon todo o imprescindible para ser un bo  usuario de este espazo. Tamén se repartiron as carpetas co carné e o marcador e as mochilas viaxeiras por curso.  Esperamos que disfrutedes de todo o material que se escolleu para cada unha delas e que o compartades con toda a vosa familia. Xa tendes todo o material preciso para iniciarvos como lectores este curso.  A ver que curso lee mais este ano...                     

CONTACONTOS ÁNGELES ESCRIBANO

O 10 de outubro tivemos a sorte de contar un ano mais coa visita de Ángles Escribano Guiance. A actividade desenvolveuna na etapa de primaria, fixemos dous grupos un para 1º, 2º e 3º de primaria e outro para 4º, 5º e 6º de primaria. O primeiro grupo traballou a tolerancia a través da historia “Vivan las uñas de colores”, Interpretación do medo e a desconfianza ao descoñecido e os sentimentos que se producen a través da interpretación do álbum ilustrado “La ola”,representación cos nenos do divertido conto cos animais da selva “Cuquedo”. Co segundo grupo traballou unha breve biografía de Gianni Rodari e a actividade de Xogos de palabras: clases, palabras co prefixo “des” e a súa divertida interpretación, Binomio fantástico. Tamén presentou a biografía de Jules Verne, Comentarios sobre as súas obras máis coñecidas e Interpretación moi divertida dos nenos coa mímica dos títulos para que adiviñen os demais. Cos dou grupos: Invitación, Ficha de actividades, Marcapáxinas, “Palabras con cora