Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2016

TEATRO NO AUDITORIO: COUSAS

O martes 20 de decembro, o alumnado de ESO acompañados polo profesorado asistiron no Auditorio da Casa do Concello de Nigrán a ver a representación de "Cousas" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A actividade foi organizada pola editorial galxia e representado polo grupo de teatro "Os Quinquillans"  

O PAPAGAIO: XORNAL ESCOLAR MENSUAL

Xa temos na biblioteca os números 1,2 e 3 do xornal escolar mensual "O PAPAGAIO" de Edicións MOITO CONTO. Neste último número trátanse temas como: A pobreza enerxética, construcións ecolóxicas, oficios e profesións: os traballadores en vertical, avances científicos, A arte urbana .... Non os esquezades, ide a biblioteca e lelo cos voso amigos/as.

MALETA VIAXEIRA

A maleta viaxeira de Poesía nº 1, chegou a biblioteca do CPI de Panxón eo 23 de novembro e desfrutamos dela ata o 19 de decembro de 2016. Dispuxemos de esta maleta durante 15 días para viaxar polas aulas do centro. Aproveitamos a sorpresa que provocou a aparición de algo novo na aula para espertar a curiosidade do alumnado.

GAÑADORES DEBUXO E TEXTO DE NADAL

GAÑADOR DEBUXO NADAL: Pablo Iglesías Ruíz 2º Primaria GAÑADOR TEXTO DE NADAL: "Chegou o Nadal  e con el o frío invernal Poñemos a Árbore e o Belén  e vén Papá Noel"

SUXESTIÓNS LECTORAS DE NADAL

I CERTAME DE CARTAS DO APALPADOR

Este ano, ademais de apalpar a barriga, meus queridos nenos e nenas, vouvos apalpar a cabeza para coñecer cantas palabras sabedes. Estou bastane preocupado, porque lle estiven apalpando os miolos a alguns e atopei moi poucas verbas na miña lingua. Por iso quero que antes de que chegue o día de Nadal, me fagades unha carta na que ademais de contarme os vosos desexos recollades palabras en galego relacionadas con esta época do ano. Podedes facer tamén debuxos para ensinerme o seu significado. Recoolede a plantilla para escribir a vosa carta no corredor da planta baixa onde está o Apalpador¡¡¡¡ Esta actividade é unha proposta do Concello de Nigrán (SNL)

CONCURSO DE DEBUXOS E TEXTOS DE NADAL

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O luns 3 de outubro todo o alumnado de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO participou no obradoiro de “O sabor da aventura está no mar”, actividade que está enmarcada dentro do programa “Aliméntate ben”. O obradoiro tivo unha duración dunha hora. O obxectivo era dar a coñecer a importancia dos productos do mar na dieta e fomentar o seu consumo. Os alumnos e alumnas asistiron a unha obra de teatro dirixida por tres personaxes: Luís, o pescador; Dona Mariña, a cociñeira e a científica Balbina. Coa súa axuda, a cuadrilla dos “Arroases” tiveron a importante misión de facer chegar a súa mensaxe a todos os nenos e nenas: compartir os seus super-poderes. Despois realizaron xogos onde coñeceron os diferentes peixes e as súas características. Finalmente realizaron a entrega da “Carta de compromiso: O sabor da Aventura está no mar” que foi firmada polos participantes do obradoiro para facer chegar a mensaxe da cuadrilla “Os arroases” aos seus amigos/as e familia. Que ben o pasaron!

ESPAZO LECTURA DECEMBRO

PREMIO CERVANTES 2016; EDUARDO MENDOZA

O máximo galardón das letras españolas foi este ano para Eduardo Mendoza . Mendoza (Barcelona, 1943) iniciou a súa carreira literaria en 1975, coa publicación do libro La verdad sobre el caso Savolta, que recibiu o Premio da Crítica. Desde entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios. O xurado, segundo recolle a acta, outorgoulle o premio "porque, coa publicación en 1975 do libro, La verdad sobre el caso Savolta, inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillante carreira como novelista". Eduardo Mendoza, continúa o comunicado, "no ronsel da mellor tradición cervantina, posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía, algo que o gran público e a crítica sempre souberon recoñecer, ademais da súa extraordinaria proxección internacional". TODOS OS PREMIADOS DENDE 1976 2016 - Eduardo Mendoza

DECEMBRO

Xa comezou o mes de decembro e por iso tocaba nova lectura. O libro que se presenta este mes no Recuncho lector é "Un monstro vén a verme" de Patrick Ness. A recensión deste libro fíxoa Carme (profesora de galego) e espero que logre animarvos para que sexa a vosa próxima lectura. Non vos esquezades que tamén contades coa versión en castelán na biblioteca.

LATENDO POR TI (ONCE)

Un ano mais celebramos o día da Discapacidade no CPI de Panxón, este ano quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas deficiencias visuais. O Departamento de Orientación  e o equipo de Biblioteca organizaron a sensibilización coa  ONCE (Organización Nacional de cegos) Así que o 1 de decembro, en dúas sesións a primeira adicada aos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria e a segunda sesión a 4º,5º e 6º de Primaria, Marian Lorenzo Prego ( Vicepresidenta    do Consello Territorial da ONCE en Galicia) e Lorena (representante dos afiliados) impartiron unha charla de sensibilización e acercamento a esta discapacidade. Marian explicou aos nenos que existen diferentes tipos de danos na vista e que a maioría poden realizar calquera tipo de actividade.  Os nenos/as coñeceron os sistemas de lectura que teñen: Tinta, Sonoro, e Braille. Presentaron a Braillerina e aprendemos a escribir con ela en Braille. A que non sabiades que os cores os asocian con olores ?, vimos un pequeno documental "Os