Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2016

LATINDO POR TÍ

Un ano mais o Día Internacional da Discapacidade, o noso centro colabora co CEE Juan María (X Aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das persoas con discapacidade) cunha foto dun grupo de alumnos cuns globos de cor verde. A continuación podedes ver a Proposta didáctica para a celebración no centro.

V OPERACIÓN QUILO: ALIMENTOS POR LIBROS

DOMESTIC VIOLENCE

A semana do 25 de novembro, os alumnos da ESO, visualizaron un vídeo onde unha muller irlandesa conta nas redes sociais a súa dura experiencia. Unha vez visto o vídeo os alumnos fixeron un debate ademais de transmitir como se sentiron ante o seu relato. Para finalizar, os alumnos de 2º ESO realizaron poemas acrósticos, 3º ESO realizaron uns slogans e 4º ESO escribiron un final para a historia.

5º E 6º PRIMARIA: KAMISHIBAI "A PRINCESA QUE QUERÍA ESCRIBIR"

A princesa deste conto quería ser escritora e loitou por conseguilo cada día e cada hora. Os alumnos e alumnas  voaron con ela entre letras, aprénderon o conto de memoria, pasaron polo seu castelo e soñaron con esta historia, que trascribiron utilizando a técnica  do kamishibai, reescribiron o conto e o ilustraron, posteriormente fixeron unha lectura aos compañeiros da etapa de primariana biblioteca.

TRÁTAME 3º E 4º PRIMARIA

O alumnado de 3º e 4º de primaria traballo no aula a diferencia entre o bo trato e o maltrato e elaboraron un gran mural co título “Trátame ben”, onde colocaron fotografías e debuxos que representan a persoas en actitude de bo trato, engadindo posteriormente frases que expresan a súa opinión sobre o rexeitamento da violencia de xénero.

NOTICIEIRO

O alumnado de 1º de ESO traballaron recabando noticias sobre a violencia de xénero publicadas ao longo deste ano. Despois de traballar nas aulas esta temática dende diferentes perspectivas, cambiaron as noticias por outras que o final fora menos negativo. Deixámosvos algunhas delas.

ELIXE QUE TE TRATEN BEN

Hoxe día 25 de novembro tivemos a gran sorte de contar coa visita da concelleira de Igualdade, o motivo da súa visita foi presentarnos a campaña do concello de prevención de violencia de xénero, esta campaña e o resultado do traballo realizado polo alumnado de 4º da ESO dos diferentes centros do Val Miñor nos obradoiros que tiveron lugar nos meses de outubro e novembro. Ademais trouxeron uns agasallos coa mensaxe da campaña.  MOITAS GRAZAS

4º ESO

O traballo que realizamos en 4 de ESO consistiu  no seguinte : Durante  2 sesións os alumnos viron e comentaron varios vídeos sobre violencia de xénero ademais de buscar información  e noticias sobre o mesmo e máis concretamente  sobre violencia en adolescentes. Na terceira sesión vimos o curto titulado "mamás e papás ".  Neste curto de 3 minutos unha nena duns 8 anos xoga cos seus xoguetes pero reproducindo unha escena que viu na súa casa. A nena insulta, humilla e pega violentamente  á súa boneca preferida. Cando chega a súa nai a casa, ve toda a sala desordenada e todos os xoguetes tirados. Pregúntalle que  pasou e a pequena  contéstalle sorrindo que estaba a xogar a papás e mamás. Nese momento aparece  o pai...  Despois da visualización recollemos as reaccións e comentarios dos alumnos/as, podedes velos no seguinte enlace .

GUÍA DE LECTURAS 25 DE NOVEMBRO

TENDAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: VIVAS E LIBRES COMO FLORES

Un ano mais a Comunidade educativa amosa o seu  enérxico rexeitamento contra a violencia de xénero, apostando pola educación para a prevención da mesma. Todos e todas quixemos poñer a nosa pegada nun fermoso tendal de flores  contra a violencia cara ás mulleres  

PRIMEIRAS SINAIS: PONLLE FREO

O alumnnado visualizou o vídeo da campaña  do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e despois de debater e reflexionar, tiveron que escribir frases que sexan sinais precoces de alarma para un posible maltrato, logo con estas frases na clase de Educación Plástica e visual fixeron sinais de tráfico e escribiron nelas as sinais de alarma. Coas sinais realizaron un mural.

O CLUB DE BALONCESTO NIGRÁN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O equipo educativo do CPI de Panxón participou  na proposta do Club de Baloncesto Nigrán para vencer a Violencia machista. Cun lazo de balóns, un por cada muller victima este ano da violencia machista, o Club realizou a gravación en rexeitamento da violencia de xénero. Neste vídeo participamos os equipos educativos do CPI de Panxón, o Colexio Humberto Juanes, Carlos Casares, e o Colexio Cruz (Camos)  ,ademais de entrenadores, xogadores, directivos e familias. O gran lazo foi debuxado sobre a pista do Pavillón do noso centro. A continuación podesdes visualizar o vídeo e a nosa aportación.

RECUNCHO MATEMÁTICO

Dende o mes de novembro, todos os martes na hora do recreo a profesora de matemáticas da ESO fai un obradoiro de matemáticas co alumnado de primaria e secundaria. Neste obradoiro traballan con diferentes materiais matemáticos como tangram, dominós, bingos...etc que forman o noso recuncho matemático da Biblioteca.

VIOLENCIA DE XÉNERO 2016: NIN UNHA MAIS

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia cara a muller, ao longo do mes de novembro realizaremos distintas actividades a nivel de centro e de aula e na ESO dende a titoria e as diferentes materias.  Os datos son terribles como podesdes ver neste reconto de mulleres asesiñadas por iso dende o CPI de Panxón traballamos pola concienciación da Comunidade educativa respecto a necesidade de construir un mundo mais igualitario. Ano 2007: 71 mulleres. /// Ano 2008: 84 mulleres asesiñadas  /// Ano 2009: 68 mulleres asesiñadas  ///   Ano 2010: 85 mulleres asesiñadas  ///  Año 2011: 67 mulleres asesiñadas   ///   Ano 2012: 57 mulleres asesiñadas  ///  Ano 2013: 57 mulleres asesiñadas  ///  Ano 2014: 59 mujeres asesiñadas /// Año 2015: 64 mulleres asesiñadas MULLERES ASESIÑADAS DURANTE 2016:    40   FUENTE: IBASQue As actividades que propoñemos para esta conmemoración son as seguintes:

SE DOE, NON É AMOR

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres foi declarado no primeiro encontro feminista para América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en 1981. No encontro, as mulleres denunciaron sistematicamente a violencia de xénero, desde agresións domésticas a violacións e tortura sexual ou violencia de estado. A proposta feita neste encontro, foi recoñecida oficialmente en 1999 polas Nacións Unidas.  O último sitio onde pode aparecer a violencia é no amor. Se doe, non é amor. Saberías identificar os primeiros sinais de violencia de xénero no noivado? Saberías identificar que relación ten a violencia de xénero co amor romántico? Imos dar resposta a estas preguntas con este vídeo onde varios expertos, Erick Pescador (sociólogo e sexólogo), María José Díaz Augado (catedrática de psicoloxía da educación), Marta Ramos (psicoterapeuta en violencia de xénero) e María Varela (xornalista) danche pautas moi claras para saber se estás a sufrir/exercendo violenci

NO RECUNCHO RECOMENDAN- NOVEMBRO 2016

 No Recuncho lector de familias presentamos a novidade do mes "EL NIÑO EN LA CIMA DE LA MONTAÑA" Unha obra nova do autor do "O neno co pixama de raias". A primeira persoa do centro que o colleu en préstamo é Alejandro Rouco (o director). Moi pronto engadiremos a recensión que el nos redacte. Sabemos que xa sodes moitos os que estades á espera, pronto poderedes gozar coa súa lectura.

MARABILLOSO ANUNCIO (LOTERÍA NADAL 2016)

Non perdades a oportunidade de ver o anuncio da loteria deste ano, vai a encantarvos.

NAMORÁMONOS

O venres pasado chegou á biblioteca do centro un libro moi especial : O Principiño. Moitos de nós xa o tivemos algunha vez nas mans, xa o lemos, xa voamos ao planeta do Principiño, xa aprendemos das sabias palabras do raposo... pero o que non coñeceramos é unha edición tan especial como a que acaba de chegar . A editorial Salamandra fixo un traballo marabilloso; as ilustracións e o texto de Antoine de Saint-Exupéry se intercalan con despregables que farán unha delicia a súa lectura. Non perdades a ocasión de namorarvos como o fixemos nós; pedide o libro, abride as súas páxinas e paseade por esta historia; seguro que tocará o voso corazón.

CELEBRANDO

Este ano quixemos, a través de fotografías, festexar este día convertendo aos libros nos protagonistas das nosas imaxes. Sacamos dos estantes a ficción e ,como nas nosas excursións e viaxes, inmortalizamos o momento. Día de la biblioteca 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

LEMOS OS NOSO FEITIZOS

Despois de facer e ilustar o libro dos feitizos os alumnos/as de 3º e 4º de primaria na hora de ler, realizaron as lecturas dos seus feitizos aos compañeiros/as de 1º e 2º de primaria. Foi todo un éxito.

CONCURSO DE POSTRES E AS SÚAS RECEITAS

OS NOSOS MONSTRUOS 2º PRIMARIA

 O alumnado de 2º de Primaria, despois de dialogar sobre os monstruos, elaboraron os seus propios monstruos atendendo a: - Como se chama o teu mostruo  -  Como é? - Onde vive? - Que come? -  Que fai? - Como se devirte? -  A que ule?  Realizarán poesías  - Co uso do dicionario, buscaran palabras que rimen - Escibirán a poesía (non ten porque ser de medo) - Ilustrarán as poesía e leran estas aos compañeiros/as - Faremos un libro dixital con todas elas.

OS NOSOS MONSTRUOS 1º PRIMARIA

O alumnado de 1º de Primaria, despois de dialogar sobre os monstruos, elaboraron os seus propios monstruos atendendo a: - Como se chama o teu mostruo  -  Como é? - Onde vive? - Que come? -  Que fai? - Como se devirte? -  A que ule? Ilustraron os seus monstruos  e con eles fixemos un mural e un libro dixital.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

  OS GAÑADORES COAS SÚAS CABAZAS

DEBUXOS GAÑADORES OUTONO

GAÑADORA CONCURSO DE DEBUXO OUTONO PRIMARIA: ZOE BLAS BULZACCA (2º PRIMARIA) GAÑADORA CONCURSO DE DEBUXO OUTONO SECUNDARIA: ANA LAYESCA BOLIVAR TOVAR (3 ESO)

MENÚS DE MEDO: 5º E 6º PRIMARIA

Obxectivo: Traballar o texto instrutivo Materias: Lingua Castelá e galega e Educación Plástica e visual Elaboraron un menú para Samaín. 1.- O menú tiña que ser terrorífico, contar con 3 pratos e incluilos nun tríptico. Fuente: El marescolorazul 

GAÑADORES III CERTAME RELATOS DE TERROR SAMAIN

O pasado xoves 30 de outubro celebramos o III Certame de Relatos de Terror. Deixámosvos aquí os relatos gañadores, elixidos polo xurado. Temos que dicir que foi difícil seleccionar aos 5 gañadores, estivo moi rifado. Parabéns a todos e todas por participar! Estades feitos uns "Pequenos GRANDES escritores". Felicitacións de todo o equipo de profesorado. Os premios foron entregados na festa do Magosto ao que asistiu toda a comunidade educativa.

AS NOSAS BRUXAS E FEITIZOS (3º E 4º PRIMARIA)

 PASOS QUE SEGUEMOS PARA FACER O CONXURO: -    Lectura de conxuros -    Seleción de palabras que sexan sonoras para crear o conxuro. (Ex. Para crecer o pelo, abrir portas, voar, …) -    Buscamos conxuros en internet e os lemos e comentamos na clase. -    Decidimos a nosa idea (voar , abrir portas….) -    Escollemos os ingredientes -    E….elaboramos o conxuro -    Finalmente o ilustramos Actividade final: -    Visualización dun capítulo de Meg e Mog, bruxa cuxos feitizos soen terminar en desastre -    Fixemos unha mostra dos traballos realizados, no expositor do corredoiro e un libro dixital -    Recitamos os  conxuros e feitizos aos nosos compañeiros/as.

MAGOSTO 2016

 Un ano mais celebramos o Magosto e aproveitamos esta festa outonal, para dar a coñecer información acerca da súa celebración e cantos populares desta época do ano que interpretaron os alumnos/as. Tamén celebramos os tradicionais concursos de buxainas e de tiro a corda. Como remate entregamos os premios dos diferentes concursos que se celebraron ao longo do mes de outubro: Os gañadores foron:  Concurso de cabazas do Samaín Concurso de textos sobre o outono:  Noelia Prado Nogueira ( 4º primaria) Concurso de debuxo sobre o outono:  Primaria: Zoe Blas Bulzacca (2º primaria) Secundaria: Ana Layesca Bolivar Tovar (3º ESO) Accesit : Sara Gómez Chamorro (6º primaria) III Concurso de Relatos de terror 1º primaria: Lúa Rey Franco 2º Primaria: Andrea Rodríguez Villar 4º Primaria: Lara Rodríguez Ríal 6º Primaria: Rocío Laiz Pomar Concurso de postres familias O postre gañador foi unha "Tarta de chocolate con castañas", realizada pola avoa os alumnos: Martina e Om

BOB DYLAN, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2016

O compositor, cantante e poeta estadounidense Bob Dylan foi o gañador do Premio Nobel de Literatura 2016. A Academia Sueca dixo que foi escollido "por crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción americana". A continuación deixámosvos unha canción composta por Bob Dylan, considerada por moitos como unha canción de protesta e icona da cultura popular dos 60.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano mais poñemos en marcha as Mochilas viaxeiras, trátase dunha experiencia compartida de lectura en familia, con ela pretendemos fomentar o hábito lector nas familias e convertir a lectura no nexo de unión da familia. Os contidos das mochilas deste curso podedes velo a continyuación. Esperamos que disfrutedes en familia¡¡¡¡¡¡