Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2014

GAÑADORES EXPOSICIÓN DE BOS CADERNOS CADERNOS

 OS GANADORES DO CONCURSO DE BOS CADERNOS   PRIMARIA 1º CICLO DE PRIMARIA        Noelia Prado Nogueira 2º CICLO D EPRIMARIA      Erika Cea Fernández 3º CICLO DE PRIMARIA      Rafael Márquez Oliveira  SECUNDARIA Sofía Durán Rodríguez Noelia Cea Fernández

PREMIOS CONCURSO ÁRBORES DE NADAL SOSTIBLES

O pasado 18 de decembro ás 12:00 a comisión votou os distintos premios do III Concurso de árbores de nadal  sostibles presentados por clases.  Os premios foron entregados o día 19 de decembro no Acto de entrega da Bandeira Verde. Enhoraboa ás clases de 5º de Primaria e 3º de ESO, gañadores este ano do concurso: Os premios consistiron nun lote de materiais funxibles para a aula.

A MELLOR LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO 2014.

A Revista Babelia  (EL País) elixiu como cada ano, os mellores títulos de LIJ, Vintecinco investigadores de literatura para nenos, libreiros, animadores e blogueiros confeccionaron a seguinte lista cos que consideran os mellores títulos do 2014, para nenos/as e xóvenes.  ÁLBUM ILUSTRADO 1. La cocina de noche. Maurice Sendak. Kalandraka. 2. 12 poemas de Federico García Lorca. Ilustraciones de Gabriel Pacheco. Kalandraka. 3. Ahab y la ballena blanca. Manuel Marsol. Edelvives. 4. Todos mis patitos. Janosch. Libros del Zorro Rojo. 5. El lago de los cisnes. Charlotte Gastaut.  PRIMEIROS LECTORES  1. El tesoro de Barracuda. Llanos Campos. Ilustraciones de Júlia Sardà. SM. 2. El libro de las camas. Sylvia Plath. Ilustraciones de Quentin Blake. Libros del Zorro Rojo. 3. Escarabajo en compañía. Pep Bruno. Ilustraciones de Rocío Martínez. Ekaré. 4. El hombrecito vestido de gris y otros cuentos. Fernando Alonso. Ilustraciones de Ulises Wensell. Kalandraka. 5.

AGASALLA UN LIBRO

Un ano mais polo Nadal queremos recomendar que entre os vosos agasallos de reis pidades libros, para iso no corredor da planta baixa colocamos un expositor coas suxerencias lectoras.

COIDEMOS DO MEDIO AMBIENTE: RECURSOS PRIMARIA

Na seguinte recompilación de recursos encontraredes varios materiais para utilizar en clase (e na casa) cos que os alumnos de Primariaaprenderán a coidar o medio a través da reciclaxe. 1. O vidro non é lixo, recíclao : Esta páxina web contén unha área específica para os docentes que inclúe unha completa guía didáctica con información de interese, ideas para a posta en marcha de talleres e actividades sobre a reciclaxe do vídrio... Losestudantes aprenderán por que é importante reciclar, que é o punto verde ou a cadea de reciclaxe. Tamén conta con varios xogos 2. Ozzy Ozzone: Os seus protagonistas son dúas moléculas, Ozzy eZoe, que a través de sinxelas explicacións e divertidas imaxes falan da capa de ozono, onde se encontra e que son os 'buratos' de ozono. Ademais, os docentes poden utilizar está páxina para traballar o sol, a Terra e os raios uva. A parte teórica compleméntase cunha práctica que reúne varias solucións que axudan a coidar o medio así como unha zon

INVENTORES DE GRAN VALÍA

Os alumnos de 1º empregaron os seus dotes creativos para inventar e deseñar todo tipo de instrumentos para o noso horto. Nas clases de lingua aprenderon a elaborar as instrucións que serán necesarias para que os seus dispositivos sexan coñecidos e empregados. Innovacións tecnolóxicas que dende o curso de primeiro poñen a disposición do Proxecto deste ano: Dá horta ao prato.

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2015

A Secretaría Xeral de Cultura vén de facer público o Calendario do libro e da lectura para o ano 2015 que, entre outras novidades, recolle o tan reclamado (e festexado nos centros escolares) 24 DE MARZO, Aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO .  Fonte: Asesoría Bibliotecas Escolares

SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR

O pasado 14 de novembro, levamos a cabo no colexio a Xornada Educativa da Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre residuos Domésticos que no noso cnetro enmárcase dentro do proxecto documental anuel "Da Horta ao Prato". A xornada prantexouse por grupos de idade. Primaria: 3º,4º,5º E 6º Secundaria: 1º a 4º da ESO Desenvolvemento da sesión:  Charla Teórica e Actividades interactivas, Ecoembes/Ecovidrio/Sogama Xogos de reciclaxe para os alumnos/as  de Primaria, carácterización de bolsa xenérica de residuos urbanos para os alumnos/as de Secundaria. Dúbidas

QUEN BEN CHE QUERE, FARACHE BAILAR

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no corredor da pranta baixa do colexio puxemos un expositor cos fondos bibliográficos referentes a esta temática, na hora de ler todo a comunidade educativa pode dispoñere deles, rexistrando o empréstito na ficha situada na parte superior do expositor.

COMITÉ AMBIENTAL 14-15

Xa temos formado o comité ambiental para este curso. Entre outras moitas cuestións falamos da necesidade de recordar aos alumnos/as e profes os hábitos   xa adquiridos en cursos anteriores: separación de residuos, Ecopatrullas, necesidade de apagar luces e proxectores cando non son necesarios, control dos radiadores, reciclaxe de boligrafos, tapóns... Tamén decidimos que o tema central deste curso será: O HORTO ESCOLAR E A ALIMENTACIÓN KILOMÉTRICA. Benvidos a todos/as e a traballar.

ENREDADAS NO MEDO: TRABALLANDO DENDE AS AULAS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste día faise máis necesario que nunca recordar a importancia de levar a cabo accións que fomenten a igualdade de xénero e axuden a previr a violencia. No CPI de Panxón realizamos durante esta semana actividades coas que tratamos de  eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario.  A continuación achegamos algúns dos resultados que tiveron as nosas propostas para previr a violencia de xénero dende a escola. 1º de Primaria 3º de Primaria   4º de Primaria   5º e 6º de Primaria: ENREDADAS NO MEDO 1.- A partir dunha exposición de fotos estabrecemos un coloquio sobre o tema: 2.-  Investigamos nos medios de comunicación 3.-  Puxemos en común  noticias que trouxemos a clase e as clasificamos en diferentes tipos de violencia 4-  Deseñamos a nosa fotografía 5.-  Realizamos as

JUAN GOYTISOLO OBTÉN O PREMIO CERVANTES 2014

O escritor Juan Goytisolo obtivo onte o Premio Cervantes 2014, o máximo galardón das nosas letras, dotado con 125.000 €. É autor dunha extensa e variada obra narrativa e ensaística, prohibida en España pola censura franquista dende 1963. Cultiva xéneros como a reportaxe, a literatura de viaxes ou as memorias. Ademais do seu labor estritamente literario, Goytisolo é un intelectual influente, colaborador habitual en prensa e crítico implacable do mundo contemporáneo. Actualmente reside en Marraquech. Entre as súas obras podemos destacar Duelo no Paraíso ou Sinais de identidade. Aquí déixovos o enlace a algúns dos seus artigos no País .

PREMIOS I CERTAME DE "RELATOS DE TERROR"

Unha vez finalizados os prazos dados e obtido o ditame do xurado, coñecimos as dúas gañadoras do I Certame de Relatos de Terror . As Gañadoras foron: Primaria: Paula Leal Blach   "El Peluche maligno" Secundaria : Sandra  González-Besada Gómez  "Terriblemente Despierta" Parabén a todos! Encantáronnos todos os relatos presentados a concurso. Grazas a todos polo esforzo e pola vosa participación.

VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

O 28 de outubro dentro do noso proxecto "Da horta ao prato" todo o alumnado e profesorado de primaria visitamos o Pazo de Gandarón. Misión Biolóxica de Galicia-CSIC. O obxectivo da visita foi sensibilizar ao noso alumnado cos distintos cultivos da nosa comunidade, o millo, as variedades bráxicas (coles, repolos, ...etc), aprendemos e observamos no laboratorio as plagas que lles afectan a estes tipos de cultivos, as súas modificacións xenéticas, tamén coñecimos as especies árboreas propias do noso entorno (camelias, castaño, carballo..etc). MBG 1º e 2º Primaria - Movie Maker MBG 3º e 4º de Primaria - Movie Maker MBG 5º e 6º de Primaria - Movie Maker

VÍCHELA¡¡¡¡¡¡¡

A maleta viaxeira de banda deseñada chegou á biblioteca do C.P.I. de Panxón. Dispuxemos desta maleta durante 15 días para viaxar polas aulas do centro. Aproveitamos a sorpresa que provocou a aparición de algo novo na aula para espertar a curiosidade do alumnado. A MALETA VIAXEIRA - Movie Maker Invitamos aos alumnos e alumnas a que investigasen na Biblioteca do Centro, etc... e descubrisen algúns dos títulos da maleta viaxeira. Os alumnos e alumnas de 1º de E.S.O. animáronse a crear os seus cómics na área de expresión plástica en 1º de E.S.O. 

MERGULLANDO NA BIBLIOTECA

Ao longo do curso a Biblioteca desenvolveu sesións formativas, de carácter especializado, orientadas especialmente ao uso das distintas fontes de información, o funcionamento, as normas, as partes dun libro, a CDU,…nestas sesións pretendemos os seguintes obxectivos: •    Coñecer e seguir as pautas de comportamento na biblioteca e as súas normas de funcionamento. •    Identificar os distintos tipos de documentos e entender a diferenza entre libros de ficción e libros de coñecemento. •    Descubrir o espazo da biblioteca. •    Coñecer os servizos que ofrece a biblioteca e os aspectos fundamentais da súa organización. •    Facilitar o acceso aos documentos. •    Coñecer o sistema de clasificación de libros e materiais audiovisuais, orientarse na biblioteca coa axuda dos rótulos de sinalización e aprender a utilizar o catálogo. •    Coñecer as fontes de información. •    Utilizar as obras de consulta (dicionarios, enciclopedias e atlas), identificar índices, vocabularios e outras f

CALENDARIO ECOPATRULLAS

Un ano mais empezan a traballar as Ecopatrullas, limpeza semanal dos patios ( 3 alumnos/as de EP e 3 de ESO). Esta actividade foi iniciada no curso (2011-12) como unha actividade no desenvolvemento do “Do pedernal á fusión”, ao igual que no curso pasado no que foi novidade seguemos sen UTILIZAR BOLSAS DE PLÁSTICO que sustituímos por cubos que unha vez realizada a tarefa de recollida teñen que lavar e deixar preparados para o día seguinte.

PROPOSTA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA, 1º E 2º DE ESO: VIOLENCIA DE XÉNERO

 I CONCURSO FOTOGRÁFICO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO 1. Consolidar actitudes positivas cara a igualdade entre homes e mulleres. 2. Desenvolver accións preventivas para evitar situacións de discriminación e violencia contra a muller. 3. Lograr o desenvolvemento das Competencias básicas:  tratamento da información, a comunicación, a autonomía persoal, a cidadanía e a expresión artística. 4. Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:  DOCUMENTO GUÍA PARA O ALUMNO A partir dunha e xposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha chuvia de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:  Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas?  Que entendemos por violencia?   Parecenos importa xeitar a violencia?  Hai distintas clases de violencia?  Por que cren que é

PROPOSTA DE TRABALLO 3º E 4º PRIMARIA: VIOLENCIA DE XÉNERO

PROPOSTA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA? O conto " Hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa? traballa os estereotipos e roles de xénero.  Para ler o conto pincha na imaxe. Podemos escoitalo no seguinte enlace: hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa? Grazas á Plataforma da Infancia e a Elena Zapico e Tamara Corral, podemos desfrutar deste conto en Lingua de signos. (é interesante facer unha visualización ) Deste conto fisoxe unha segunda edición e nela a súa autora, Raquel Díaz, ofrecenos a ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos sonos, desexos e aspiracións da princesa. - Despois da lectura do conto podemos facer un debate na clase, as observación e as opinións do alumnado seguro que nos sorprenden. - No seu  Blog   Raquel Díaz,  proponnos elaborar un atrapa s

PROPOSTA DE TRABALLO: 25 dE Novembro 1º E 2º DE EDUCACION PRIMARIA

PROPOSTA 1: CONTO  ARTURO  E CLEMENTINA (2º EP) Adela Turín  escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade. A poyaremosnos  nel como guía para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero. Para a sesión utilizaremos: - O vídeo do conto relatado e adaptado por  Beatriz Montero , gravado no espazo  Cuentacuentos  do programa infantil  La Merienda. O conto en si, podemos velo a través do ordenador ou da pizarra dixital. (subido a rede por Isabel Nieto Arturo y Clementina from isabel Nieto O libro orixinal, pódese solicitar na Libraría "Libros para soñar" en Vigo. Despois de ver o vídeo ou facer a lectura do conto, falaremos co alumnado das impresións e sentimentos que lles xurdiron. Reflexións sobre a historia de Arturo e Clementina: Como é Clementina? Por que cren que Clementina non era feliz? Como é Arturo? Se fosen Clementina, Que farían no seu lugar? Que lles parece o final do conto? Esperaban que r

VISITA Á BIBLIOTECA

Durante o primeiro trimester organizamos visitas a nosa biblioteca por cursos, para dar a coñecer o funcionamento da biblioteca, os seus fondos e os servizos de que dispón. Nestas visitas entregamos aos alumnos e alumnas de primaria as súas carpetas de biblioteca e un marcador de libros coa temática do noso proxecto “Da horta ao prato”. VISITA Á BIBLIOTECA - Kizoa Movie Maker

INFOGRAFÍA DOS SIGNOS DE PUNTUACIÓN

INFOGRAFÍA DA ORTOGRAFÍA

Enlázovos unha infografía relacionada coa ortografía , nun varrido visual temos diferentes regras ortográficas.

LECTURAS TERRORÍFICAS

Este ano retomamos as lecturas terroríficas. Dende o venres 24, podes encontrar nun expositor especial no corredor da pranta baixa os mellores libros de terror da biblioteca escolar. Durante esta semana, ademais, repartiranse polas clases o boletín que ves aquí máis abaixo coa selección de lecturas.  O colexio, ademais, estará decorado terrorificamente....

DEZ PELÍCULAS PARA MOTIVAR Á LECTURA

O cine constitúe un recurso ideal para introducir aos  alumno/as no estudo de distintas temáticas. A proxección dunha película en clase pode servir, por exemplo, para motivar os estudantes á lectura e espertar a súa curiosidade sobre unha  obra literaria ou un autor. Presentámosche dez películas que che axudarán a achegar os libros ao mundo dos teus alumnos/as grazas á linguaxe audiovisual.   Para os máis pequenos: Charlie e a fábrica de chocolate (2005 ), Tim Burton. Adaptación da novela do afamado escritor infantil Roald Dahl, que narra as aventuras dun neno pobre que gaña un pase para visitar a fábrica do mestre chocolateiro Willy Wonka. Guía didáctica. El Gigante de hierro (1999) , Brad Bird. Baseada no libro infantil de Ted Hughes, conta a historia dun neno que se fai amigo dun robot xigante caído do ceo. Intenta explicarlle como son os humanos. Recursos para enfocar a película . Para os máis maiores: On The Road. En la carretera (2012), Walter salles. A obra cumi