Ir al contenido principal

DEZ PELÍCULAS PARA MOTIVAR Á LECTURA

O cine constitúe un recurso ideal para introducir aos  alumno/as no estudo de distintas temáticas. A proxección dunha película en clase pode servir, por exemplo, para motivar os estudantes á lectura e espertar a súa curiosidade sobre unha  obra literaria ou un autor. Presentámosche dez películas que che axudarán a achegar os libros ao mundo dos teus alumnos/as grazas á linguaxe audiovisual.
 


Para os máis pequenos:

Charlie e a fábrica de chocolate (2005), Tim Burton. Adaptación da novela do afamado escritor infantil Roald Dahl, que narra as aventuras dun neno pobre que gaña un pase para visitar a fábrica do mestre chocolateiro Willy Wonka. Guía didáctica.

El Gigante de hierro (1999), Brad Bird. Baseada no libro infantil de Ted Hughes, conta a historia dun neno que se fai amigo dun robot xigante caído do ceo. Intenta explicarlle como son os humanos. Recursos para enfocar a película.

Para os máis maiores:

On The Road. En la carretera (2012), Walter salles. A obra cumio de Jack Kerouac, escritor estandarte da Xeración Beat, inmortaliza a viaxe de tres mozos, en busca de liberdade, a través dos Estados Unidos. A película serve para abordar as relacións humanas, as adiccións e o universo literario dos beat nos anos cincuenta.
 

Nunca me abandones (2010), Mark Romanek. A novela de Kazuo Ishiguro aborda a relación de tres adolescentes nun internado británico. A través dela podes traballar temas como a adolescencia, as relacións humanas, a relación cos profesores, os dereitos humanos ou a morte. 

 Literatura actual: 

 El Erizo (2009), Mona Achache. Adaptación de La elegancia del erizo, best seller da escritora francesa Muriel Barbery que conta a relación entre unha intelixente nena de 11 anos e a porteira do seu edificio, que tras a súa aparencia inxenua oculta unha interesante e cultivada vida. O libro e a película permítenche traballar as aparencias, a educación en valores, e as relacións humanas e familiares, ademais de tratar determinados aspectos filosóficos. Guía didáctica.
 
 Persépolis (2007), Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud. Aínda Que xa de por si a lectura dun cómic pode resultar atractiva para os alumnos, neste caso tamén podese mostrarlles como pode levarse á pantalla. Deste modo, podes traballar as diferenzas existentes na linguaxe visual e audiovisual. O comic book da autora iraniana Marjane Satrapi aborda a Revolución Islámica acaecida en Irán e o traslado da súa familia a Europa, onde terá que combater a idea establecida de que todas as persoas chegadas de Oriente medio son fundamentalistas islámicos. A súa obra serve para abordar un acontecemento histórico á vez que se traballa cos alumnos temas como a inmigración, a educación en valores, a violencia de xénero, ou a cultura de paz. Guía didáctica e actividades e recursos relacionados. 

 Clásicos: 
 
Hamlet (1996), Kenneth Branagh. A do cineasta británico é unha das moitas adaptacións ao cine das obras de Shakespeare. A través dela podes achegar aos teus alumnos a unha das obras máis importantes da literatura universal. Coñecerán a quinta esencia do drama isabelino, e permitirache traballar máis tarde o texto en profundidade. Guía didáctica da película. 
 
EL retrato de Dorian Grey (2009), Oliver Parker. Esta adaptación dunha das obras máis coñecidas de Oscar Wilde permitirache motivar os teus alumnos á súa lectura, ademais de traballar temas como a morte ou a educación en valores. 
 
Jane Eyre (2011), Cary Joji Fukunaga. Outro clásico da literatura universal, esta vez de Charlotte Brontë, que che axudará a introducir os teus alumnos na literatura do século XIX e as problemáticas sociais da época. Ademais, pode servirche para traballar temas relativos á igualdade de xénero. Recursos educativos para traballar o libro (en inglés). 
 
Os miserables. A lenda nunca morre (2012), Tom Hooper. A adaptación ao cine da obra de Victor Hugo abrirá aos teus alumnos a porta a un dos clásicos máis importantes da historia da literatura. A través da historia de Jean Valjean, poderás animalos a abordar o libro e debater en clase temas como a xustiza social, a pena de morte ou a pobreza. Guía do estudante.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...