Ir al contenido principal

GALICIA LE: PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS BPG



http://www.galiciale.es/eBiblio Galicia é o “Catálogo do libro electrónico en castelán” que, xunto co do libro electrónico en galego, forma parte do proxecto GaliciaLe, plataforma da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que fai posible a lectura de libros electrónicos a través da internet.
Desde eBiblio podes tomar en préstamo as principais novidades editoriais en castelán en formato dixital para podelas ler en diferentes dispositivos: tabletas, teléfonos intelixentes, ordenadores persoais ou lectores de libros electrónicos.
Este catálogo do libro electrónico en castelán promoveuno o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte coa colaboración da Xunta de Galicia e está xestionado por esta. O servizo está dispoñible no enderezo galicia.ebiblio.es. Tamén pode accederse aos libros prestados a través da app eBiblio Galicia, dispoñible para iOS e Android.
 Quen pode utilizar eBiblio?
Si xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia tan só precisas rexistrarte como novo usuario/a da plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe. Poderás facelo desde calquera ordenador sen necesidade de trasladarte á biblioteca.
No caso de que non sexas socio/a dunha das bibliotecas da Rede, deberás acudir a unha delas para obter o carné. Alí rexistrarante como novo usuario/a da plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe

Requisitos técnicos

Para poder ser usuario/a de eBiblio é preciso cumprir os seguintes requisitos:
  • Dispoñer dun dispositivo compatible e de acceso a internet.
  • Para os dispositivos móbiles, ter instalada a app eBiblio Galicia.

Que libros podo atopar en eBiblio?

eBiblio ofrécelle á cidadanía unha colección de novidades editoriais de todo tipo. De acordo coa clasificación que se utilizou para a selección e a adquisición das obras, existen libros electrónicos co seguinte contido:
  • Ficción para público adulto, incluíndo narrativa, poesía e teatro.
  • Obras xerais sobre ciencia e tecnoloxía, ciencias sociais, arte e humanidades.
  • Obras xerais relacionadas con cuestións de saúde, autoaxuda e desenvolvemento persoal, formas e actividades relacionadas co ocio, viaxes, deportes e informática de interese xeral.
  • Ficción orientada ao público infantil e xuvenil, incluíndo narrativa, poesía e teatro.
  • Obras de non ficción para o público infantil e xuvenil, incluíndo todo tipo de materias (arte, música, historia, ciencia e tecnoloxía, ocio, deportes, etc.).
  • Audiolibros narrados por profesionais e gravados en formato audio a partir da versión íntegra da obra escrita.

A quen podo dirixirme para obter máis información?

Na túa biblioteca poderán informarte con maior detalle sobre este servizo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

HAIKUS JAPONESES

Para o día da poesía   proponemosvos un traballo no que ides ter que seguir a tradición japonesa e compoñer un haiku . Antes de que vos expliquemos a actividad é convinte que seaibades en qué consiste esta composición poética.   Un haiku é un pequeño poema tradicional japonés. Tan pequeno que a súa estructura consta de tres versos sen rima, que deben sumar un total de diecisiete sílabas. O primeiro verso debe ter 5 sílabas,ol segundo 7 e o terceiro 5, aunque non é obrigatorio seguir esa estructura.     O haiku, xeneralmente expresa unha sensación, unha imaxen, que pode ser evocada con enorme forza ou sutileza. Caracterizase pola sencillez, austeridade, brevedad e asimetría.   NO día da poesía, que se celebra o día 21 de marzo, podedes contribuir con un haiku que a vosa creatividade compoña. Teredes que combinar a poesía coa temática que podádes sacar do Proyecto deste curso sobre Enerxías Sostibles " Do pedernal á fusión". Busca en tres versos a man...