Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

ESCRIBIMOS ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS

Dende o Departamento de Lingua Castelá propoñen, para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Alicia no país das Maravillas de Lewis Carroll ,  a seguinte actividade.  Letura do conto " Alicia no país das Maravillas" de Lewis Carroll   Reescritura do capítulos do libro, para levalo a cabo poden inventar todo o que queiran, engadir personaxes, cambiar argumento.....realizando o traballo de maneira colaborativo capítulo a capítulo. Ilustración de cada un dos capítulos de maneira que podamos imaxinar mellor a nova recreación de "Alicia no pais das maravillas" Título da nova creación. Pois xa sabedes , ao choio! Seguro que conseguides sacar ese escritor oculto que levades dentro. Deixámosvos coa adaptación cinematográfica , por se queredes vela.

PRESENTACIÓN NOVIDADES EDITORIAIS

Este luns empezaron a colaborar coa Biblioteca os nosos axudantes. Todos os días da semana  contaredes  coa súa axuda durante os recreos. Os grupos serán : Luns: Alejandra, Sheila e Laura (1º ESO). Martes: Saúl, Patri e Sabela (1º e 2ºESO). Mércores: Lúa, Sofía e Ana (2º ESO). Xoves:María e Enma (2º ESO). Venres. Ana e Nerea (4º ESO). O seu primeiro traballo consistiu en presentarvos as novidades literarias compradas. Con moita desenvoltura percorreron as aulas co obxectivo de que vos animades a pasar pola biblioteca e desfrutar con estas novas lecturas. Slideshow: PRESENTACIÓN NOVIDADES - Slideshow Parabén pola vosa axuda¡¡¡¡¡

24 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Como cada ano queremos render a nosa pequena homenaxe a todas as grandes e pequenas bibliotecas. A asociación amigos do Libro infantil e xuvenil que promove esta celebración desde 1997 co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte quere concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura e agradecer e potenciar o extraordinario labor dos bibliotecarios. Este día a nosa biblioteca recibe aos nosos novos usuarios/as facéndolles entrega do carné de lectores, durante a semana explicámoslles o servizo de préstamos, a distribución e actividades que se organizan na nosa biblioteca, as nosas normas. Coñecemos como son os libros por dentro e por fóra, lemos, contamos contos.... poñemos a imaxinación a funcionar para motivar ao uso da biblioteca. A continuación presentamosvos a  programación elaborada para este mes de outubro, para que toda a Comunidade educativa interesada poida participar e organizar as actividades.  Grazas a nosas axudantes /as de bibliotec