Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

CONCURSO CARTEIS PARA FOMENTAR O USO DA LINGUA GALEGA

CONCURSO DE CABAZAS

CONCURSO DE DEBUXOS E REDACCIÓN OUTONO

SAMAÍN

  Galicia Meiga recolle nun vídeo unha pequena historia para explicarvos unhas pouquiñas cousas sobre o Samaín (o "Halloween" celta) decorada coa marabillosa voz de Alberto Feliz. Fonte: Blog Lecturoliteraturo

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA

Ao longo deste mes de outubro desenvóvense diversas actividades nas bibliotecas co gallo da celebración do "Día da Biblioteca" o día 24 . "Como cada ano desde 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conmemoran o Día da Biblioteca en recordo á destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendidada en 1992 durante a Guerra dos Balcanes." Fuente: http://rbgalicia.xunta.gal/es/actualidade/avisos/dia-de-la-biblioteca-2017 A continuación podedes coñecer as actividades que imos desenvolver durante estas semanas, como a apertura da nosa biblioteca escolar, primeiras reunión de axudantes.etc A imaxe que axuntamos e o cartaz que, con motivo da conmemoración desta data nas Bibliotecas Escolares Galegas, publica o departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación de O.U. "Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fér

Fernando Aramburu, Premio Nacional de Narrativa por 'Patria'

Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959) obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2017, que convoca o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que está dotado con 20.000 euros, por Patria, unha "novela global" sobre "uns anos convulsos no País Vasco", segundo o fallo do xurado. Aramburu, autor de Anos lentos ou El trompetista del Utopía, é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Zaragoza e desde 1985 reside en Alemania, onde impartiu clases de español.

IV CONCURSO RELATOS DE TERROR

Con motivo da celebración do SAMAÍN, 1 de novembro, o equipo de biblioteca convocou un ano mais o concurso de relatos de terror. Tes de prazo ata o día 27 de outubro!!! ANÍMATE A PARTICIPAR!!!   HAI PREMIOS!!!! AQUÍ TES AS BASES

Premio PLANETA 2017

J avier Sierra alzouse onte co LXVI Premio Planeta de novela co manuscrito "El fuego invisible", presentado co título provisional de La montaña artificial baixo o pseudónimo de Vitoria Goodman. "Quero dedicar esta novela aos compañeiros escritores", afirmou emocionado polo "momento impresionante" xa que "se trata da palabra onde reside a forza creativa da nosa civilización". "É no uso da palabra onde está a orixe da bondade e da maldade, ese é o lume invisible que temos todos no noso interior", explicou o autor en relación á súa novela. En concreto, a trama apunta á orixe dunha palabra "que cambiou o destino de Europa no século XII": "Esa palabra é Grial". A escritora madrileña Cristina López Barrio quedou finalista con "Niebla en Tánger", novela presentada como La nueva vida de Penélope tras o pseudónimo de Bella Linardi e quixo dedicar o premio aos lectores e, sobre todo, aos libreiros "po

RECOMENDACIÓN FIN DE SEMANA

 TÍTULO: 18 AUTOR: F.M. ESPINOSA EDITORIAL: ALFAGURAEste mes publícase esta novela xuvenil que conta a historia de seis personaxes cunha dato en común: todos cumpren 18 anos o mesmo día. Francesca sente algo por Warren, o cínico noivo da súa amiga Kali. Oliver ten problemas graves de autoestima, Hugo está lonxe de casa, Emma cre que lle gustan as mozas... e isto só é o principio. No medio deste desenfreo de emocións, de relacións e desenganos descubrirán que ao final o que prevalece é estar unidos. #18SoloSeViveUnaVez  https://www.megustaleer.com

Premio Nobel de Literatura 2017

O escritor británico Kazuo Ishiguro , foi galardoado este xoves co P remio Nobel de Literatura 2017. Nacido o 8 de novembro de 1954 en Nagasaki (Xapón), Kazuo Ishiguro trasladouse aos cinco anos coa súa familia a Surrey, Inglaterra, onde ao seu pai ofrecéronlle un traballo como oceanógrafo. A súa porta de entrada á lectura foron as aventuras do británico Sherlock Holmes, que lía de neno na biblioteca local. Estudou literatura inglesa e filosofía na universidade de Kent. Escritor audaz e meticuloso, é autor de sete novelas, que escribe en inglés, todas publicadas en español por Anagrama. A última, O xigante enterrad o , explora tamén, nesta ocasión desde o xénero fantástico, como a memoria se relaciona co esquecemento, a historia co presente e a ficción coa realidade. Tamén asinou libros de relatos e guións de cinema e televisión. Admirador de Dylan, o seu predecesor na lista dos Nobel, toca a guitarra e escribiu letras para o cantante de jazz Stacey Kent.  

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil: ANTONIO GARCÍA TELJEIRO

O poeta Antonío García Teijeiro vén de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Poemar o mar.   Poemar o mar pecha a triloxía do mar de Antonio García Teijeiro , da que forman parte ademais Palabras do mar, editado por Embora, e En la cuna del mar, editado por Creotz ediciones, Publicado en Xerais, na súa colección Merlín e destinado a partir de lectores autónomos, este mar de García Teijeiro ronca, molla cos poemas, ten trenzas, anda murcho, chora por dentro e cala por fóra...nese xogo poético inundado de lirismo. As fermosas ilustracións son de Xan López Domínguez . Moitos parabéns a García Teijeiro por este recoñecemento.

ACTIVIDADES ESPAZO LECTURA 2017-18

No mes de outubro Espazo Lectura comeza unha nova tempada de actividades de fomento do libro e a lectura que agardamos que, malia os cambios que experimentarán as actividades, sexa tan intensa, emocionante e motivadora coma as anteriores. Na imaxe ofrecemos o calendario completo de actividades do mes de outubro, agás a de Contos en Cueiros , que se celebrará o último venres de mes e será anunciada coma sempre o luns anterior. Os principais cambios son que a actividade do Contomar segue suspendida e que as sesións dos diferentes clubs de lectura se trasladadas da Biblioteca Municipal á Casa da Lectura (Nogueira, 8 -Donas).

COMEZAMOS