Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021
 SAMAÍN 2021 Hoxe celebramos o Samaín no CPI Plurilingüe Arquitecto Rey Palacios. No mesmo puidemos gozar de numerosos disfraces, así como tamén das marabillosas cabazas que crearon o noso alumnado! Así como tamén fixemos entrega dos agasallos dos diferentes concursos propostos para este día. Antes de dar a coñecer os/as gañadores/as, queremos agradecer a gran participación do alumnado. No "Concurso de Cabazas", foron 3 as gañadoras, dentro das categorías da máis orixinal, a máis terrorífica e a máis elaborada.  Na categoría da cabaza máis elaborada, a premiada foi Daniela, alumna de 2º Educación Primaria. Parabéns! Na categoría da cabaza máis terrorífica, a premiada foi a de Miguel, alumno de 2º Educación Primaria. Parabéns! E, finalmente, na categoría da cabaza máis orixinal, a premiada foi a de Diego, alumno de 4º de Educación Primaria. Parabéns! Por outra parte, tamén se realizaron outros concursos coma o de "Máscaras Terroríficas". No mesmo, a gañadora foi Mart

MOCHILAS VIAXEIRAS!!!!

                                                                                             MOCHILAS VIAXEIRAS Un ano máis as nosas mochilas estarán de viaxe polos nosos recunchos máis cotiás. Que segredos esconderán?   A desfrutar todo o mundo desta marabillosa viaxe!!!!!

Degullando as nosas fabas

  DEGULLANDO AS NOSAS FABAS   Dende o CPI Arquitecto Palacios queremos conservar as tradicións dos nosos antepasados. É por elo que, grazas o noso horto, achegaremos ao alumnado á natureza e ensinarémoslle a importancia de coidala e de respectala.                 Por outra banda, tamén será esencial que os nenos e nenas sexan conscientes da relevancia de manter unha alimentación sá, aprendendo todo o proceso dende que a semente é sementada ata que a planta crece e se pode comer.                  

Concurso de debuxo (AGA)

  Concurso de debuxo (aga)   Dende o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios queremos agradecer a participación do noso alumnado   no Concurso de debuxo co gallo do Día da Abella, creado pola Asociación Galega de Apicultura. Tras a participación do noso alumnado no concurso, algúns tiveron a sorte de obter numerosos premios, tales como Alejandra Carreira que tivo o privilexio de gañar o primeiro premio, e recibirá unha recompensa de 1 kg de mel e un cheque regalo de 75€ en material escolar. Parabéns! Dito debuxo figurará na tarxeta de Nadal que vai realizar a Asociación Galega de Apicultura. Todo un privilexio!     Outros alumnos/as do noso centro que participaron no concurso, tamén obtiveron un privilexiado accésit. E como recompensa, outorgáronlles unha mochila de cordas. A continuación podemos apreciar os debuxos. Finalmente, tamén queremos agradecer a labor do alumnado non premiado, posto que valoramos o seu esforzo e o seu compromiso á hora de participar. Aquí ted